Saltar ao contido

Río Ibias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Ibias
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAsturias, España e Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Navia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°05′45″N 6°54′43″O / 43.095797, -6.911971
Características
Dimensións45 (lonxitude) km

O río Ibias [1] é un río de 50,1[2] quilómetros do noroeste da Península Ibérica que nace no concello asturiano de Degaña e logo de pasar polos de Cangas del Narcea e Ibias aboca no río Navia no concello galego de Negueira de Muñiz.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace no pico Valdecampo en Las Muroquinas e tras baixar cara ao sur únese ao río Zarréu, por veces considerado parte do Ibias. No seu percorrido colle augas tamén do Luíña, Peliceira e máis do Viouga e finalmente aboca no encoro de Salime á altura de Ouviaño no Navia, do que é o seu principal afluente.

  1. Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 50. 
  2. "Río Ibias". chcantabrico.es.