Río Sarria
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
| ||||
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España ![]() | |||
Localización | Triacastela ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España ![]() | |||
Localización | río Neira ![]() | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 57 (![]() | |||
Superficie | 309 km² ![]() | |||
O Sarria, tamén chamado Oribio, é un río da provincia de Lugo, en Galicia. É un afluente do río Neira, e este á súa vez do río Miño.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O río Sarria, topónimo que significa "corrente fluvial", dá o seu nome a un concello, a unha comarca, a un condado, a unha xurisdición, a un marquesado, a dous mosteiros, a un partido xudicial, a unha terra, a unha vila e a varias parroquias. Ten 57 km de lonxitude e drena 309 km² de superficie.
Curso
[editar | editar a fonte]Fórmase coas augas que baixan desde os montes da Meda, Oribio e Albela, no concello de Triacastela, e tras atravesar o concello de Samos entra no de Sarria, déixao e fai de límite entre o do Páramo e Láncara. Neste último únese ao río Neira preto da vila da Pobra de San Xiao.
A bacía do río é moi ampla e abrangue a maior parte da comarca de Sarria: tódalas parroquias de Triacastela, a maior parte das de Samos e Sarria, poucas de Láncara, 2 do Páramo e unha pequena parte do Incio.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/31/Sarria0044.jpg/260px-Sarria0044.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6f/Sarria_0009.jpg/260px-Sarria_0009.jpg)