Saltar ao contido

Rögle BK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rögle BK
Fundación1932
Cidade Ängelholm,
Escania
Suecia
EstadioLindab Arena
(5.040 espectadores)
LigaHockeyallsvenskan
Campionatos0
DirectorPeter Hedlund[1]
Adestrador Dan Tangnes
CoresBranco, verde e vermello
                 
Na rede
http://www.roglebk.se/
Facebook: roglebk Twitter: rogle_bk Editar o valor en Wikidata

O Rögle BK (de Rögle bandyklubb) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ängelholm (Suecia). Actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco, a Hockeyallsvenskan, e xoga os seus partidos como local no Lindab Arena, un pavillón con capacidade para 5.040 espectadores.

O Rögle BK foi fundado en 1932 como club de bandy, polo que o club leva as siglas "BK" no seu nome ("BK" como abreviatura de Bandyklubb). O equipo de hóckey sobre xeo xogou na máxima categoría sueca deste deporte, naquel momento denominada Allsvenskan, entre 1966 e a tempada 196869; e novamente, na renomeada Elitserien, entre as tempadas 1992–93 e 1995–96. Logo doutros doce anos na segunda categoría (Hockeyallsvenskan), o equipo ascendeu de novo á Elitserien logo de rematar segundo no Dvalserien de 2008. O Rögle BK comezou a tempada 2008-2009 da Elitserien sorprendéntemente ben, e logo das primeiras 18 xornadas contaban con 33 puntos (teoricamente o Rögle BK era segundo porque o Linköpings HC tiña mellor diferenza de goles). Así e todo, o equipo rematou na décimo primeira praza ao final da liga regular, polo que tivo que disputar o Kvalserien de 2009 para manter a categoría, onde logo de rematar segundos por segunda vez consecutiva se aseguraron a súa participación un ano máis na máxima categoría. Na tempada 2009-2010 da Elitserien remataron na derradeira posición na liga regular, xogando un ano máis o Kvalserien, onde desta vez non puido conseguir a permanencia, descendendo á HockeyAllsvenskan. Logo de rematar na segunda posición o Kvalserien de 2012, o Rögle BK retornou á Elitserien.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Números retirados

[editar | editar a fonte]
  1. "Rögle BK". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]