Svenska hockeyligan
Nome na lingua orixinal | (sv) Svenska Hockeyligan |
---|---|
Tipo | liga de hóckey sobre xeo |
Organizador | Asociación Sueca de Hóckey sobre Xeo |
Liga inferior | HockeyAllsvenskan |
Número de participantes | 14 |
Localización e Datas | |
País | Suecia |
Vixencia | 1975 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | shl.se |
A Svenska hockeyligan[1] é a liga profesional de hóckey sobre xeo de Suecia, creada en 1975, que se compón de 12 equipos. Está considerada unha das ligas máis importantes do mundo neste deporte, tan só por detrás da National Hockey League norteamericana e a Kontinental Hockey League do leste europeo. Existen outras ligas europeas profesionais dun nivel comparable ó que ten a Elitserien, como son as ligas checa, finesa, alemá, suíza e eslovaca.
Formato
[editar | editar a fonte]Cada tempada da Elitserien comeza en setembro e remata en abril do ano seguinte. Nela, cada un dos 12 equipos disputa 55 encontros de liga regular, é dicir, 5 encontros fronte a cada rival. Os encontros duran 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos. Se ó remate dun encontro persiste o empate, xóganse ata 5 minutos de tempo engadido con morte súpeta. Os equipos puntúan do seguinte xeito:
- Vitoria no tempo regulamentario: 3 puntos.
- Vitoria no tempo engadido: 2 puntos.
- Empate ou derrota no tempo engadido: 1 punto.
- Derrota no tempo regulamentario: 0 puntos.
Cando esta fase de liga regular remata, os 8 primeiros equipos da táboa pasan a disputar as eliminatorias polo título. Tódalas eliminatorias, tanto de cuartos de final, de semifinais e as finais, decídense ó mellor de 7 encontros, de xeito que o gañador de cada emparellamento e aquel equipo que gaña 4 dos enfrontamentos. Por outra banda, os 2 últimos equipos da táboa disputan unha liguiña de promoción cos 4 mellores equipos da segunda división, chamada Hockeyallsvenskan.
Equipos 2014-2015
[editar | editar a fonte]Nome | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundación | Campionatos |
---|---|---|---|---|---|
Brynäs IF | Gävle | Läkerol Arena | 8.265 | 1939 | 13 |
Djurgården IF Hockey | Estocolmo | Hovet | 8.094 | 1922 | 16 |
Frölunda HC | Gotemburgo | Scandinavium | 12.044 | 1938 | 2 |
Färjestad BK | Karlstad | Löfbergs Lila Arena | 8.250 | 1932 | 9 |
HV71 | Jönköping | Kinnarps Arena | 7.038 | 1971 | 4 |
Leksands IF | Leksand | Tegera Arena | 7.650 | 1938 | 4 |
Linköpings HC | Linköping | Cloetta Center | 8.500 | 1976 | 0 |
Luleå HF | Luleå | Coop Arena | 6.000 | 1977 | 1 |
Modo Hockey | Örnsköldsvik | Fjällräven Center | 7.600 | 1921 | 2 |
Skellefteå AIK | Skellefteå | Skellefteå Kraft Arena | 6.001 | 1921 | 3 |
Växjö Lakers | Växjö | Vida Arena | 5.329 | 1997 | 0 |
Örebro HK | Örebro | Behrn Arena | 5.150 | 1990 | 0 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Antes de 1975 existía outra competición nacional de liga que comezara a disputarse en 1922, é dicir, tan só 2 anos despois de que o hóckey sobre xeo fose introducido no país polo director de cine norteamericano Raoul Le Mat. Aquel campionato tivo varios nomes: Klass 1, Svenska serien, Division I etc. Dende 1944 constaba de dous grupos, un Norte e outro Sur. A seguinte lista amosa os campións suecos anteriores á creación da Elitserien:
|
|
|
Dende 1922 até a actualidade, o equipo que acada o título de campión de Suecia na liga de hóckey sobre xeo recibe o "Trofeo Le Mat". Este trofeo de prata é o máis antigo do deporte profesional sueco. No seu momento foi doado polo director de cine norteamericano Raoul Le Mat e a Metro-Goldwyn-Mayer. De seguido amósase unha táboa coa cantidade de trofeos Le Mat que ten gañou cada equipo dende 1922. Os anos que están en letras grosas fan referencia ós campionatos da era Elitserien, é dicir, dende 1976:
NºTítulos | Equipo | Trofeos Le Mat |
---|---|---|
16 | Djurgården IF | 1926, 1950, 1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1983, 1989, 1990, 1991, 2000, 2001 |
13 | Brynäs IF | 1964, 1966, 1967, 1968, 1970, 1971, 1972, 1976, 1977, 1980, 1993, 1999, 2012 |
9 | Färjestad BK | 1981, 1986, 1988, 1997, 1998, 2002, 2006, 2009, 2011 (Equipo máis laureado da Elitserien) |
9 | IK Göta | 1922, 1923, 1924, 1927, 1928, 1929, 1930, 1940, 1948 |
8 | Hammarby IF | 1932, 1933, 1936, 1937, 1942, 1943, 1945, 1951 |
7 | AIK IF | 1934, 1935, 1938, 1946, 1947, 1982, 1984 |
7 | Södertälje SK | 1925, 1931, 1941, 1944, 1953, 1956, 1985 |
5 | HV71 | 1995, 2004, 2008, 2010, 2017 |
4 | Leksands IF | 1969, 1973, 1974, 1975 |
4 | Frölunda HC | 1965, 2003, 2005, 2016 |
3 | Skellefteå AIK | 1978, 2013, 2014 |
2 | Malmö IF | 1992, 1994 |
2 | Modo Hockey | 1979, 2007 |
2 | Växjö Lakers | 2015, 2018 |
1 | IF Björklöven | 1987 |
1 | Gävle GIK | 1957 |
1 | Luleå HF | 1996 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Svenska hockeyligan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en sueco)
- Swehockey (sitio web da Federación Sueca de Hóckey sobre Xeo) (en sueco) (en inglés)
- HockeySnack (en sueco)