Deutsche Eishockey Liga
Tipo | torneo recorrente |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Organizador | Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo |
Liga inferior | DEL2 (en) |
Localización e Datas | |
País | Alemaña |
Vixencia | 1994 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | del.org |
A Deutsche Eishockey Liga ou DEL, é a liga profesional de hóckey sobre xeo de Alemaña. Foi creada en 1994 como substituta da antiga Eishockey-Bundesliga, que dende 1958 estaba administrada pola federación alemá de hockey sobre xeo. Está considerada unha das ligas máis importantes do mundo neste deporte, tan só por detrás da National Hockey League norteamericana e a Kontinental Hockey League do leste europeo. Existen outras ligas europeas profesionais dun nivel comparable ó que ten a DEL, como son as ligas checa, finesa, sueca, suíza e eslovaca.
Dende a súa creación, tres equipos dominaron en boa medida a competición, tanto por cantidade de vitorias como por presenzas nas finais, títulos, goles, puntos ou encontros disputados: o Adler Mannheim, o Kölner Haie e o Eisbären Berlin.[1]
Formato
[editar | editar a fonte]Cada tempada da DEL comeza en setembro e remata en abril do ano seguinte. Nela, cada un dos 14 equipos disputa 52 encontros de liga regular, é dicir, 4 encontros fronte a cada rival, 2 como local e 2 como visitante. Os encontros duran 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos. Se ó remate dun encontro persiste o empate, xóganse ata 5 minutos de tempo engadido con morte súpeta. Os equipos puntúan do seguinte xeito:
- Vitoria no tempo regulamentario: 3 puntos.
- Vitoria no tempo engadido: 2 puntos.
- Empate ou derrota no tempo engadido: 1 punto.
- Derrota no tempo regulamentario: 0 puntos.
Cando esta fase de liga regular remata, os 10 primeiros equipos da táboa pasan a disputar as eliminatorias polo título. Nas eliminatorias previas os equipos 7º, 8º, 9º e 10º buscan un posto nos cuartos de final. Estas eliminatorias son ó mellor de 3 encontros. Os cuartos de final son ó mellor de 7 encontros, mentres que as semifinais e a final son ó mellor de 5 encontros.
Equipos
[editar | editar a fonte]Nome | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundación | Campionatos |
---|---|---|---|---|---|
Augsburger Panther | Augsburgo | Curt Frenzel Stadium | 7.774 | 1878 | 0 |
Eisbären Berlin | Berlín | Mercedes-Benz Arena (Berlín) | 14.200 | 1954 | 7 |
Düsseldorfer EG | Düsseldorf | ISS Dome | 13.400 | 1935 | 1 |
Hamburg Freezers | Hamburgo | Barclaycard Arena (Hamburgo) | 13.000 | 2002 | 0 |
Hannover Scorpions | Hannover | TUI Arena | 11.200 | 1975 | 1 |
ERC Ingolstadt | Ingolstadt | Saturn Arena | 4.815 | 1964 | 0 |
Iserlohn Roosters | Iserlohn | Eissporthalle Iserlohn | 5.000 | 1959 | 0 |
Kölner Haie | Colonia | Lanxess Arena | 18.500 | 1972 | 2 |
Krefeld Pinguine | Krefeld | König Palast | 9.000 | 1936 | 1 |
Adler Mannheim | Mannheim | SAP Arena | 13.600 | 1938 | 5 |
EHC Red Bull München | Múnic | Olympia Eishalle | 6.136 | 1998 | 0 |
Thomas Sabo Ice Tigers | Núremberg | Arena Nürnberger Versicherung | 9.400 | 1980 | 0 |
Straubing Tigers | Straubing | Eisstadion am Pulverturm | 6.000 | 1948 | 0 |
Grizzly Adams Wolfsburg | Wolfsburgo | Eisarena Wolfsburg | 4.660 | 1975 | 0 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Antes de que a unificación de Alemaña e de que se levase a cabo a profesionalización do hockey sobre xeo alemán, e polo tanto antes da creación da DEL, na Alemaña do Oeste existía outro campionato nacional de hóckey sobre xeo creado en 1958 denominado Eishockey-Bundesliga. Na seguinte lista amósase o palmarés de campións dende 1958 até 1994:
|
|
|
Táboa histórica
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Temp. | Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | Goles+ | Goles- | Puntos | Títulos | Finais |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Adler Mannheim | 19 | 1000 | 583 | 27 | 390 | 3289 | 2779 | 1656 | 5 | 8 |
2 | Kölner Haie | 19 | 1000 | 563 | 21 | 416 | 3394 | 2740 | 1643 | 2 | 7 |
3 | Eisbären Berlin | 19 | 1000 | 544 | 26 | 440 | 3420 | 3104 | 1594 | 7 | 9 |
4 | Nürnberg Ice Tigers | 19 | 994 | 505 | 38 | 451 | 3090 | 2949 | 1497 | 0 | 2 |
5 | Krefeld Pinguine | 19 | 994 | 506 | 33 | 455 | 3206 | 2974 | 1463 | 1 | 1 |
6 | Düsseldorfer EG | 17 | 890 | 483 | 22 | 395 | 2771 | 2491 | 1344 | 1 | 3 |
7 | Augsburger Panther | 19 | 994 | 440 | 27 | 527 | 3010 | 3337 | 1278 | 0 | 1 |
8 | Hannover Scorpions | 17 | 900 | 405 | 13 | 482 | 2688 | 2921 | 1231 | 1 | 1 |
9 | Frankfurt Lions | 16 | 842 | 433 | 20 | 389 | 2647 | 2537 | 1225 | 1 | 1 |
10 | Kassel Huskies | 14 | 732 | 337 | 23 | 372 | 2099 | 2195 | 960 | 0 | 1 |
11 | ERC Ingolstadt | 11 | 580 | 309 | 13 | 258 | 1756 | 1626 | 936 | 0 | 0 |
12 | Iserlohn Roosters | 13 | 700 | 299 | 7 | 394 | 2012 | 2242 | 920 | 0 | 0 |
13 | Hamburg Freezers | 11 | 580 | 294 | 10 | 276 | 1707 | 1671 | 883 | 0 | 0 |
14 | BSC Preussen | 8 | 416 | 216 | 20 | 180 | 1433 | 1257 | 567 | 0 | 0 |
15 | EHC Wolfsburg | 7 | 372 | 178 | 10 | 184 | 1130 | 1057 | 553 | 0 | 1 |
16 | SERC Wild Wings | 9 | 466 | 190 | 19 | 257 | 1507 | 1612 | 535 | 0 | 0 |
17 | Straubing Tigers | 7 | 372 | 156 | 7 | 209 | 999 | 1198 | 465 | 0 | 0 |
18 | EV Landshut | 5 | 242 | 152 | 11 | 79 | 922 | 605 | 352 | 0 | 1 |
19 | München Barons | 3 | 176 | 113 | 0 | 63 | 560 | 446 | 331 | 1 | 2 |
20 | Revierlöwen Oberhausen | 5 | 272 | 103 | 4 | 165 | 776 | 977 | 289 | 0 | 0 |
21 | Starbulls Rosenheim | 6 | 296 | 107 | 18 | 171 | 902 | 1146 | 284 | 0 | 0 |
22 | EHC München | 3 | 156 | 68 | 11 | 77 | 412 | 433 | 218 | 0 | 0 |
23 | Moskitos Essen | 3 | 176 | 59 | 0 | 117 | 464 | 650 | 180 | 0 | 0 |
24 | Duisburger Füchse | 4 | 212 | 58 | 0 | 154 | 509 | 847 | 171 | 0 | 0 |
25 | Kaufbeurer Adler | 3 | 142 | 42 | 16 | 84 | 449 | 661 | 108 | 0 | 0 |
26 | Ratinger Löwen | 3 | 142 | 39 | 10 | 93 | 419 | 628 | 94 | 0 | 0 |
27 | EC in Hannover | 2 | 94 | 25 | 8 | 61 | 258 | 428 | 59 | 0 | 0 |
28 | Lausitzer Füchse | 2 | 94 | 17 | 8 | 69 | 215 | 418 | 46 | 0 | 0 |
29 | SC Riessersee | 1 | 50 | 16 | 4 | 30 | 147 | 213 | 37 | 0 | 0 |
30 | Maddogs München | 1 | 27 | 17 | 1 | 9 | 110 | 84 | 36 | 0 | 0 |
31 | Wölfe Freiburg | 1 | 52 | 11 | 0 | 41 | 142 | 241 | 34 | 0 | 0 |
En amarelo, os equipos participantes na edición 2012/13. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver táboa histórica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |