RIP (grupo musical)
RIP | |
---|---|
Yul, guitarrista de RIP, 1986 | |
Orixe | Arrasate, País Vasco |
Período | 1984-2003 |
Xénero(s) | punk rock, hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Spansuls Records, Basati Diskak, Discos Suicidas |
Membros | Mahoma (falecido) Jul (falecido) Portu (falecido) Txerra |
Antigos membros | Mallabi (voz) |
Na rede | |
RIP foi un grupo de punk rock do País Vasco, nacido en Arrasate a comezos dos anos 80.
Historia
[editar | editar a fonte]Provenientes da banda que foi Doble Cero, empezan a reunirse e a crear o concepto de RIP, sendo unha das primeiras bandas de punk que existiron na Península Ibérica, considerándose un dos grupos máis influentes no punk e hardcore de España.
En 1984 sacaron un disco compartido con Eskorbuto, chamado Zona Especial Norte, e non foi até 1987 cando sacaron o seu disco No te muevas. Tamén se identificaban co grupo Zarama.
Pouco despois, sepáranse, mais reuniranse ocasionalmente, como en 1995, data na que dan a luz o disco ao vivo HIESari aurre egiten. Zuzenean, que quere dicir "Facendo fronte á sida. En directo", con case todas as súas cancións e versións doutros grupos ingleses. En 1997 falece Portu; o baixista e voz en "Incorruptible", "Mundo muerto" e "Antimilitar".
Máis tarde participarán no disco tributo a Eskorbuto, Tren con destino al infierno, no ano 2000.
Coa morte do cantante Mahoma en 2003, acaba a historia deste grupo. Algunhas das súas cancións máis populares son "Revolución", "Anti-militar", "Mundo muerto", "Condenado", "Enamorado de la muerte" e "Terrorismo policial".
Foron un dos grupos máis radicais dentro do Rock Radical Vasco.
Integrantes
[editar | editar a fonte]A súa formación foi:
- Karlos "Mahoma" Agirreurreta ( † falecido): voz (anteriormente Mallabi)
- "Jul" Bolinaga ( † falecido): guitarra
- "Portu" Mancebo ( † falecido): baixo
- "Txerra" Bolinaga: batería
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Primeira maqueta (1983, 4 temas, incluíndo «Brigada criminal» e «Anti-militar»).
- 12" EP Zona Especial Norte (Spansuls Records, ZENS 45007, 1984). Disco compartido con Eskorbuto. Reeditado en CD por Discos Suicidas en 1991 e 1996 (con temas extra de Eskorbuto).
- Casete En directo 83-84 (Destruye C.O.M. 001, 1985).
- LP No te muevas! (Basati Diskak, 8/87). Reeditado en CD canda o EP Zona Especial Norte en 1996 por Discos Suicidas.
- CD HIESari aurre egiten!! Zuzenean (...Ta Segi Aurrera!!!/Esan Ozenki, 1995). Disco en directo.
- CD e DVD Punkaren 25 Urteko Historia Bizia. Historia viva del Punk (Goiena-Hotsak, 2006).
Participacións en recompilatorios
[editar | editar a fonte]- «Anti-militar» no LP recompilatorio Welcome to 1984 (Maximum RocknRoll MRR 001, 12/83).
- Varios temas na casete recopilatoria Spanish HC (BCT Tapes, 1984).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia de Rip en La Fonoteca (en castelán)
- Traxectoria do grupo (en castelán)
- Historia do grupo Arquivado 28 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Biografía do grupo (en castelán)
- Artigo sobre Portu (en castelán)