Raúl IV de Valois
Nome orixinal | (fr) Raoul IV de Vexin (fr) Raoul II de Péronne (fr) Raoul III de Valois (fr) Raoul de Crépy |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1020 |
Morte | 23 de febreiro de 1074 (53/54 anos) Péronne, Francia |
Lugar de sepultura | Montdidier |
Lay abbot (en) | |
Outro | |
Título | Count of Valois (en) Count of Vexin (en) Count of Amiens (en) |
Familia | House of Vexin (en) |
Cónxuxe | Ana de Kíiv Adele of Bar-sur-Aube |
Fillos | Adela de Valois () Adele of Bar-sur-Aube Hawise de Valois () Simão de Crépy () Adele of Bar-sur-Aube Adele of Valois () Adele of Bar-sur-Aube |
Pais | Raúl III de Valois e Adèle de Breteuil |
Raúl IV de Valois ou Raúl III de Vexin e de Amiens, tamén chamado Raúl de Crépy[1] ou Raúl o Grande, finado en 1074, foi conde de Valois de 1038 a 1074 e conde de Vexin e Amiens de 1063 ata 1074. Era fillo de Raúl III de Valois, conde de Valois e de Adela de Breteuil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sucedeu ao seu pai en 1038 e organizou a resistencia do campo de Blois ata a morte do conde Odón II de Blois contra o rei Henrique I de Francia. Capturado polo exército real en 1041, cambiou de bando e uniuse ao capeto, favorecendo a súa política en Champaña. Despois participou na batalla de Mortemer e só puido eludir a captura grazas á intervención do seu vasalo, Roger de Mortimer. Guillreme o conquistador, outro señor feudal de Roger, retirou os seus feudos en represalia e Roger refuxiouse na corte de Valois. Raúl continuou loitando xunto ao rei de Francia e participará no cerco de Thimert en 1057.
Despois da morte do rei Henrique (1060) e da rexencia que seguiu, as relacións entre Francia e Normandía suavizáronse, e estableceuse unha relativa paz. En 1062, a morte do conde Heriberto II do Maine incitou a Gautier III de Vexin, un primo de Raúl, a reivindicar o Maine polos dereitos da súa muller (filla do conde Heriberto I do Maine), pero foi derrotado por Guillerme o conquistador e tería morto pouco despois. Raúl herdou entón o condado de Vexin e Amiens e reconstituíu para o seu beneficio a unión dos tres condados, separados á morte do seu avó, Gautier II o Branco.
Durante este período, Normandía gañou importancia fronte os Capetos e Raúl, illado polo escándalo do seu matrimonio con Ana de Kíiv, preferiu aliarse co duque. Raúl morreu en Péronne en 1074 o 23 de febreiro segundo algunhas fontes, ou en Montdidier o 8 de setembro segundo outras.
Matrimonios e fillos
[editar | editar a fonte]Casara en primeiras nupcias con Adela (Aelis) de Bar-sur-Aube, filla e herdeira de Nocher III, conde de Bar-sur-Aube, viúva de Renaldo de Semur, de Renardo de Joigny e de Roger de Vignory. Tiveron a:
- Gautier (m. 1065/1067), conde de Bar-sur-Aube.
- Simón († 1080), conde de Valois, Amiens, Montdidier e Bar-sur-Aube.
- Adelaida de Valois, condesa de Valois, casada con Heriberto IV (sobre 1032 - sobre 1080), conde de Vermandois.
- Isabel de Valois (m. entre 1093 e 1101), casada con Bartomeu, señor de Broyes.
- Adela (Alix) de Valois (m. entre 1093 e 1100), casada con Teobaldo III, conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Châteaudun, de Provins, Troyes e Meaux.
Viúvo, casou de novo con Leonor ou Hannequez, herdeira de Montdidier e Péronne.
Raúl repudiouna en 1060 para casar arredor de 1061 con Ana de Kíiv, filla de Iaroslav o Sabio, Gran Príncipe de Kíiv e viúva do rei Henrique I de Francia. Este matrimonio fixo escándalo, xa que a viúva dun rei de Francia procedente dunha familia reinante non debería casar cun vasalo e a raíña tivo que abandonar a corte. Este matrimonio illou politicamente Raúl e o asunto chegou ata a excomuñón.