Raúl Juliá
Nome orixinal | (es) Raul Julia |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Raúl Rafael Juliá Y Arcelay 9 de marzo de 1940 San Xoán, Estados Unidos de América |
Morte | 24 de outubro de 1994 (54 anos) Manhasset, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Porto Rico |
Educación | Colegio San Ignacio de Loyola (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor de teatro, actor de cinema, actor |
Período de actividade | 1940 - 1994 |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, América Latina en la Internacional Comunista 1919-1943 (en) |
|
Raúl Rafael Juliá y Arcelay coñecido como Raúl Juliá , ás veces escrito en inglés sen acentos gráficos, nado o 9 de marzo de 1940 e finado o 24 de outubro de 1994, foi un actor de cine, televisión, teatro, voz e radio portorriqueño.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Juliá naceu o 9 de marzo de 1940 en San Juan, Porto Rico e criouse na cidade de Nova York. Estudou na Universidade de Fordham e no Colegio San Ignacio de Loyola.
Carreira
[editar | editar a fonte]Coñecido polo seu papel de Gómez Addams en The Addams Family e en Addams Family Values. O seu derradeiro papel foi interpretando ao activista Chico Mendes, nun filme xunto á actriz Sônia Braga.[2] Gañou un Globo de Ouro e un Screen Actors Guild Award en 1994 e un Emmy Award póstumo en 1995. Foi nomeado un dos mellores actores que nunca estiveron nomeados a un Oscar. En recoñecemento ao seu amplo impacto a favor dos dereitos humanos, a National Endowment for the Hispanic Arts ofrece anualmente o Premio Raúl Juliá á Excelencia[3] recibido entre outros pola actriz Sandra Bullock.[4]
Traballo humanitario
[editar | editar a fonte]Durante a súa vida, Juliá continuou coa labor solidaria realizada polos seus pais durante a súa infancia, dedicándose a actividades sociais e educativas. As súas contribucións foron recoñecidas cunha invitación para unirse ao New York Council for the Humanities.[5] Gran parte do traballo benéfico de Juliá centrouse na mocidade en risco, a comunidade latinoamericana e as artes, patrocinou programas de escritura de guións nos institutos e apoiou a actores novos.[6] Para promocionar outros artistas latinoamericanos, Juliá prestou activamente o seu apoio á Organización Hispana de Actores Latinos (HOLA, polas siglas en inglés) e cofundou Visiones Luminosas.[7] Juliá colaborou con cineastas independentes de Porto Rico actuando nas súas producións gratuitamente ou recibindo un salario reducido.[8] Juliá tamén promoveu a aceptación e cooperación interracial como membro de Racial Harmony e serviu como presidente da Joseph Papp Celebrity Coalition for Racial Harmony.[9]
Como parte do seu traballo para The Hunger Project, Juliá fixo doazóns mensuais a un banco de alimentos.[10] Tamén promoveu o programa en televisión e radio, exerceu de narrador de vídeos bilingües sobre o Proxecto e participou en múltiples galas benéficas en nome da organización.[10][11] En 1994, o goberno do Salvador recoñeceuno polo seu activismo polos Dereitos humanos.[12] Durante a súa visita ao país, visitou a tumba de Romero, describindo posteriormente a súa experiencia nunha peza publicada en Freedom Review.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Juliá estivo casado con Magda Vasallo desde 1965 até que se divorciaron en 1969. Despois estivo casado con Merel Poloway desde 1976 ata a súa morte en 1994.
Pasamento
[editar | editar a fonte]Juliá morreu o 24 de outubro de 1994 dun cancro de estómago e dun ictus en Manhasset, Nova York, aos 54 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stars 500" (PDF). connect.afi.com (en inglés).
- ↑ Álvarez, Monica Baña (1994-09-15). "RAÚL JULIÁ ES CHICO MENDES". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-12-29.
- ↑ "Wayback Machine". web.archive.org. Consultado o 2022-12-29.
- ↑ Donna Shor, Around Town Arquivado 25 de decembro de 2003 en Wayback Machine., Washington Life Magazine, novembro de 2002. Consultado o 29-08-2008.
- ↑ Cruz et al., p. 104
- ↑ Cruz et al., p. 98
- ↑ Cruz et al., p. 100
- ↑ Cruz et al., p. 105
- ↑ Cruz et al., p. 107
- ↑ 10,0 10,1 Cruz et al., p. 95
- ↑ "The Peace Abbey Courage of Conscience Recipients List". web.archive.org. 2009-02-07. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-12-29.
- ↑ Cruz et al. , páx. 96
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raúl Juliá |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cruz, Bárbara C. (1998). Raúl Juliá: Actor and Humanitarian (1st ed.). New Jersey: Enslow Publishers. ISBN 0-7660-1040-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Raúl Juliá - Fundación Nacional para la Cultura Popular (prpop.org ; en castelán)
- Raúl Juliá - EnciclopediaPR (en castelán)
- Premio por la Excelencia Raúl Juliá 2010 Arquivado 29 de decembro de 2022 en Wayback Machine. (laprensani.com ; en castelán)