Rabia Djelti
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | poetisa, académica, escritora ![]() |
Empregador | Universidade de Argel Benyoucef Benkhedda (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Amin Zaoui ![]() |
Rabia Djelti, nada en Nedroma o 5 de agosto de 1954, é unha escritora e profesora alxerina que escribe en árabe e francés. En 2002, pola súa poesía e novelas, recibiu o premio de literatura árabe en Abu Zabi. Ademais da súa escritura, Djelti ensina literatura na Universidade de Alxer.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 5 de agosto de 1954 en Nedroma, foi á escola primaria en Marrocos antes de asistir á secundaria en Orán (1969-1975).[3] Desde moi pequena sentiuse atraída pola literatura francesa, descubrindo as obras de Baudelaire e Victor Hugo na biblioteca do seu pai. Comezou a traducir os libros que máis lle gustaban ao árabe.[4] Licenciouse en literatura na Universidade de Orán en 1979 antes de obter un doutoramento en Damasco en 1990.[2]
Foi profesora na Universidade de Orán até principios da década de 1990. Ameazada ela e a súa familia pola Guerra Civil alxerina, trasladáronse a Francia en 1995 e regresaron en 2000.[2]
Despois de traballar por primeira vez como xornalista, Djelti comezou a escribir poesía en árabe en 1981. Entre as súas publicacións máis exitosas están Murmures du secret (2002) e Qui est-ce dans le miroir (2003), traducidas ao francés respectivamente por Abdellatif Laâbi e Rachid Boudjedra. En 2010, comezou a escribir novelas, entre elas Le trône émaillé (2013) e Nostalgie à la menthe (2015).[5] Explicou que aínda que cada un dos seus poemas tiña unha historia que contar, sempre tivera a tentación de escribir novelas, mais que foi só en 2010 que finalmente comezou a facelo.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Djelti está casada co escritor alxerino Amin Zaoui. A súa filla, Lina Douran, é cantautora.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "SILA . Tour d’horizon des écrivains présents, Le Onze du Salon" (en francés). DzairInfos: Elwatan. 28 de outubro de 2017. Consultado o 22 de outubro de 2018.[Ligazón morta]
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Biographie De Rabia Djelti" (en francés). LaDissertation. 26 de xullo de 2014. Consultado o 22 de outubro 2018.
- ↑ Sabido Sánchez, Fernando (19 de marzo de 2011). "3522.-Rabia Djelti" (en español). Poetas Siglo XXI. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ De Carvalho, Alexandre (9 de marzo de 2015). "Les vers voyageurs de Rabia Djelti". Vosges matin.
- ↑ "Rabia Djelti présentera ses œuvres" (en francés). DjaZairess: Horizons. 10 de abril de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ "Rabia Djalti, poétesse romancière : " Chacun de mes poèmes contient une histoire "" (en francés). El Moudjahid. 19 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ "Lina Doran" (en francés). BilletRéduc. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ Ghanem, Nadia (10 de xuño de 2016). "6 Algerian women writers whose work should be translated into English". Your Middle Easr. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2018.