Saltar ao contido

Rabia al Adawiyya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRabia al Adawiyya

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) رابعة العدوية القيسية‎ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento714 ↔ 718 Editar o valor en Wikidata
Basora, Iraq Editar o valor en Wikidata
Morte801 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (81/91 anos)
Basora, Iraq Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaal-Hasan al-Basri cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónSufismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSufismo e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, mística, filósofa, escritora Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide
Asian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 17a785ca-86ea-4c45-9989-d0824cfdeb69 Editar o valor en Wikidata

Rabia al Adawiyya al Qaysiyya (en árabe رابعة العدوية القيسية) ou Rabia Basri, nada en Basora entre 713 e 717 e finada en 801, foi unha poeta e mística musulmá sufí.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pouco é o que se coñece da súa vida, existen múltiples tradicións baseadas en haxiografías[1]. Algunhas tradicións descríbena como unha antiga escrava liberada que renunciou ao matrimonio e aos praceres efémeros para dedicarse só a Alá[2]. Na mundo islámico vivíase unha etapa de incremento do ascetismo e Basora era unha das escolas máis influentes e debía a súa orixe a Hassan al-Basri e de Basora era tamén Al-Jahiz. Rabi está considerada unha figura importante da espiritualidade sufí e foi ela a que introduciu o ideal sufí do amor a Alá, mudando o ascetismo en misticismo[3]. Ibn Arabi evocou a súa obra poética na súa principal obra Kitâb Al-Futūḥāt al-Makkiyya.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

A principal ensinanza da obra de Rabia é o amor místico e a amizade con Deus. Todo verdadeiro amador vai á procura da intimidade co seu amado, como ha facer o verdadeiro crente con Deus. E distingue entre o amor egoísta e pasadío por Deus, só para obter o seu favor, e o amor digno e duradeiro, que constitúe o amor á beleza de Deus. Como todos os sufís ao cabo buscou a unidade coa divindade (an-nafs aṣ-ṣāfīyyah). O amor (ḥubb) é só para Deus, non para os seus profetas nin outros símbolos relixiosos. A Deus hai que o amar por si mesmo, non por medo ao inferno e o desexo de acadar o Paraíso. Neste pensamento reside a innovación de Rabi, que se converteu no criterio estándar do sufismo posterior[4].

  1. Juan Eduardo Campo (2009). Encyclopedia of Islam. Facts on File. p. 578. 
  2. Aaron W. Hughes (2013). Muslim Identities: An Introduction to Islam. Columbia University Press. p. 168. 
  3. Annemarie Schimmel. "Sufism". Encyclopædia Britannica. 
  4. Hanif, N. (2002). Biographical Encyclopaedia of Sufis. II Central Asia and Middle East. Sarup & Sons. pp. 108–110.