Racing Point
Nome completo | Racing Point F1 Team |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | Silverstone, Reino Unido |
Tempadas en activo | 2018 |
Número de pilotos | Sergio Pérez Esteban Ocon |
Debut | Gran Premio de Bélxica de 2018 |
Carreiras | 9 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 52 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Zabi de 2018 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Racing Point UK Limited, que compite como Force India, Racing Point F1 Team, Racing Point Force India F1 Team, é un equipo de carreiras de Fórmula 1 e construtor con base en Silverstone, Reino Unido, que competiu con licenza británica.
O equipo formouse en agosto de 2018 cando un consorcio de investidores que incluía a André Desmarais, Jonathan Dudman, John D. Idol, John McCaw Jr., Michael de Picciotto e Silas Chou (chamado 'Racing Point UK Ltd'[1]) e liderado por Lawrence Stroll, o pai do ex piloto de Williams Lance Stroll, comprou os activos do xa existente Sahara Force India F1 team.[2] O equipo fixo o seu debut na competición no Gran Premio de Bélxica de 2018. Esta pensado que Stroll se traslade ao equipo en 2019, logo de pasar a proba de pneumáticos Pirelli co equipo de Abu Zabi.
O consorcio comprou Sahara Force India por 90 millóns de libras.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Jordan Grand Prix , Midland F1 Racing , Spyker F1 e Force India.
As orixes do equipo proviñan do equipo Jordan Grand Prix, que entrou na Fórmula Un en 1991 con base no Circuíto de carreiras de Silverstone. Jordan participou moitos anos na Fórmula Un, gañando catro carreiras e conseguindo o terceiro posto no Campionato de Construtores de 1999. Con todo, como moitos dos equipos máis pequenos da década de 2000, os problemas económicos significaron que o rendemento do equipo agotárase e o propietario do equipo Eddie Jordan vendeu o equipo ao Midland Group a principios de 2005.
O equipo de Midland, chamado Midland F1 Racing en 2006, pasou dúas tempadas na parte traseira da grella, antes de que o propietario Alex Shnaider vendese o equipo a Spyker Cars a metade da tempada Modelo:F1 2006.[4]
Spyker F1 logrou un punto en 2007 e liderou brevemente o Gran Premio de Europa de 2007. Malia isto, o equipo volveu a ter problemas de financiamento,[5] e foi vendido ao empresario indio Vijay Mallya, entón presidente do United Breweries Group e Michiel Mol, director de Spyker na Fórmula Un.[6] comprou o equipo por 88 millóns de euros,[7]> foi renomeado Force India F1 para a tempada de 2008, e mantivo ao director do equipo Colin Kolles, o xefe de Tecnoloxía Mike Gascoyne e o piloto Adrian Sutil.[7]
A finais de xullo de 2018, Force India entrou en concurso de acredores. Os seus activos foron adquiridos por un consorcio de investimentos, chamado Racing Point UK Ltd. liderado por Lawrence Stroll. O consorcio creou un novo construtor cos bens e entrou no deporte antes do Gran Premio de Bélxica de 2018, tomando o lugar do equipo orixinal de Force India.[8]
Tempada de 2018
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018.
Na preparación do Gran Premio de Bélxica de 2018, o equipo non estaba seguro de se poderían competir xa que o consorcio que comprou Force India debía obter a aprobación de 13 bancos indios que tiñan reclamacións financeiras no equipo.[8] A aprobación completa chegou despois do prazo, polo que o consorcio comprou os activos do antigo equipo en lugar de comprar o propio equipo. O equipo recentemente formada tivo que solicitar logo a autorización para participar no Campionato Mundial de Fórmula 1 cun novo nome, polo que engadiron "Racing Point" ao nome do equipo.[8] A FIA excluíu ao antigo equipo Force India do campionato "debido á incapacidade para completar a súa tempada", e recibiu á nova entidade (Racing Point Force India F1 Team) que puido competir na carreira do Gran Premio de Bélxica, pero non puido manter ningún punto do antigo equipo. Os pilotos, puideron manter os seus puntos no Campionato de Pilotos.[9][8] baixo un acordo especial, e coa aprobación unánime dos outros nove equipos, o novo equipo foi autorizada a manter os cartos dos premios que o antigo equipo gañara en anos anteriores, baixo o nome Sahara Force India.[10]
No Gran Premio de Bélxica, Force India conseguiu o terceiro e cuarto lugar durante unha cualificación que foi disputada baixo a choiva na parte final. Na carreira lograon o 5º e 6º posto, logrando así 18 puntos permitíndolles tomar o 9º lugar no Campionato de Construtores na conclusión do seu primeiro Gran Premio[11] Remataron a seguinte carreira en Italia, en 6º e 7º polo tanto saltaron ao 7º posto no Campionato de Construtores, por diante de Sauber, Toro Rosso e Williams.
Resultados completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneus | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2018 | VJM11 | Mercedes M09 EQ Power+ 1.6 V6 t | P | AUS | BHR | CHN | AZE | ESP | MON | CAN | FRA | AUT | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | RUS | XPN | USA | MEX | BRA | ABU | 52 | 7º | |
Sergio Pérez | 5 | 7 | 16 | 10 | 7 | 8 | Ret | 10 | 8 | ||||||||||||||||||
Esteban Ocon | 6 | 6 | Ret | 9 | 9 | DSC | 11 | 14 | Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Racing Point UK Limited acquires Force India Formula One Team | Force India F1". www.forceindiaf1.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 2018-09-04.
- ↑ "Lance Stroll's father agrees Force India takeover deal to save all 405 jobs". independent.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018.
- ↑ Cooper, Adam. "Racing Point paid £90million for Force India Formula 1 team". Autosport.com (en inglés). Consultado o 2018-10-06.
- ↑ "Midland sells MF1 Racing to Spyker". grandprix.com (Inside F1, Inc.). 9 de setembro de 2006. Consultado o 9 de agosto de 2010.
- ↑ "Spyker considers selling F1 team". Haymarket Publications. 14 de agosto de 2007. Consultado o 9 de agosto de 2010.
- ↑ "Mallya and Mol set for Spyker takeover". formula1.com (Formula One Administration Ltd.). 3 de setembro de 2007. Consultado o 9 de xullo de 2010.
- ↑ 7,0 7,1 "Spyker change name to Force India". BBC Sport. 24 de outubro de 2007. Consultado o 24 de outubro de 2007.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Cooper, Adam (24 de agosto de 2018). "How the FIA used little-known Formula 1 rules to save Force India". Autosport. Motorsport Network. Consultado o 2018-08-29.
- ↑ "FIA allows new entry to save Force India – Speedcafe". speedcafe.com. 24 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ Adam Cooper. "Rival Formula 1 teams allow Force India to keep prize money". Autosport.
- ↑ Beer, Matt (26 de agosto de 2018). "Force India F1 driver Ocon needed 'one metre' to lead Belgian GP". Autosport (Motorsport Network).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Racing Point |