Rafael Alonso Rodríguez
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rafael Alonso (homónimos).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1901 Amoeiro, España |
Morte | 21 de setembro de 1937 (36 anos) As Chás, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Lingua | Lingua galega |
Rafael Alonso Rodríguez, nado en Amoeiro o 25 de xullo de 1901[1] e finado en Maceda o 21 de setembro de 1937, foi un mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre que procedía da oposición de 1928, obtivo praza en Amoeiro. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. De ideoloxía radical-socialista, caracterizábase polo entusiasmo na práctica dos novos métodos pedagóxicos, e a loita contra o caciquismo local. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[2] Perseguido, foi detido e asasinado o 21 de setembro de 1937 na Curva Grande do Rodicio, na estrada de Ourense a Ponferrada (actual OU-536) pouco antes do Alto do Rodicio (Maceda).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Mazas, Armando (1990). Política y Pedagogía. Memoria teórica de un maestro de la ATEO. Ourense.