Ragnar Klavan
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2018.) |
![]() (2017) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1985 ![]() Viljandi, Estonia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Viljandi Jakobson School (en) ![]() Audentes Sports Gymnasium (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–2024) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estonia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga e Premier League ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 5 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Dzintar Klavan ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Diana Klavan ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Ragnar Klavan, nado o 30 de outubro de 1985 en Viljandi (Estonia), é un futbolista estoniano que xoga como defensor no Liverpool FC da Premier League de Inglaterra. Tamén é o capitán da selección de Estonia.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Estonia e Noruega
[editar | editar a fonte]Ragnar Klavan fixo o seu debut como profesional aos 15 anos, en 2001, no Elva, na súa Estonia natal. Un ano máis tarde uniuse ao Viljandi Tulevik onde xogou dúas tempadas e en 2003 asinou polo Flora Tallin, un dos clubs máis representativos de Estonia. O 31 de agosto de 2004, Klavan foi cedido ao Vålerenga de Noruega por tres meses. Unha vez que o empréstito rematou, o club noruegués decidiu ampliar a estadía de Klavan ata o 30 de novembro de 2005; con todo, xogou só dous partidos no Tippeligaen.
Heracles Almelo
[editar | editar a fonte]O 4 de agosto de 2005 asinou tres anos co club Heracles Almelo da primeira división dos Países Baixos. Cinco días despois fixo o seu debut en Holanda contra o RKSV DCG en Ámsterdam. Marcou o seu primeiro gol na Eredivisie o 24 de agosto de 2007, aos 76 minutos nunha derrota por 2-1 contra Roda, no que xogaba o seu compatriota Andrés Oper. En decembro do mesmo ano, ampliou o seu contrato ata o 30 de xuño de 2008.
AZ Alkmaar
[editar | editar a fonte]Tras xogar 104 encontros oficiais co Heracles e marcar cinco goles, o 27 de xaneiro de 2009 foi cedido ao AZ Alkmaar acordando previamente o seu traspaso permanente ao club de Alkmaar no verán por catro anos. O 29 de setembro de 2009 Ragnar Klavan converteuse no primeiro estoniano en xogar un partido de fase da UEFA Champions League, entrando na segunda metade do partido que terminou en 1-1 contra o Standard Lieja de Bélxica. O 29 de xullo de 2010 marcou o seu primeiro gol na UEFA European League, nunha vitoria por 2-0 contra IFK Göteborg de Suecia.
Augsburgo
[editar | editar a fonte]O 2 de xullo de 2012, tras xogar durante 7 anos na primeira división holandesa, asinou por dúas tempadas co FC Augsburg da Bundesliga de Alemaña.
Liverpool
[editar | editar a fonte]O 20 de xullo de 2016 fíxose oficial a súa fichaxe polo Liverpool FC da Premier League inglesa, baixo as ordes do adestrador Jürgen Klopp.[1]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]É o actual capitán da selección de Estonia, coa que xogou 124 partidos e marcou tres goles. O seu debut produciuse o 3 de xullo de 2003 contra Lituania, nun partido da Copa do Báltico. Fixo o seu primeiro gol coa selección o 31 de maio de 2006 nun encontro amigable contra Nova Zelandia e o segundo o 29 de febreiro de 2012, contra o Salvador noutro encontro amigable, onde vestiu o brazalete do capitán por primeira vez.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano |
---|---|---|
FC Elva | ![]() |
2001 |
Viljandi Tulevik | 2002 - 2003 | |
Flora Tallin | 2003 - 2005 | |
Vålerenga | ![]() |
2004 - 2005 |
Heracles Almelo | ![]() |
2005 - 2009 |
AZ Alkmaar | ![]() |
2009 - 2012 |
Augsburg | ![]() |
2012 - 2016 |
Liverpool FC | ![]() |
2016 - presente |