Ralf König
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1960 (64 anos) Soest, Alemaña |
Educación | Kunstakademie Düsseldorf (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, guionista, activista LGBT |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | ralf-koenig.de |
|
Ralf König, nado en Soest o 8 de agosto de 1960, é un autor alemán de banda deseñada, e o máximo expoñente internacional da banda deseñada de temática gai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia obreira do rural da República Federal Alemá. Estudou nun centro de formación profesional, comezou a traballar como aprendiz de soldador. En 1979 saíu do armario e comezou a escribir pequenas historias de banda deseñada para o fancine underground Zomix e o xornal gai Rosa Flieder, os dous en Múnic.
Entre 1981 e 1986 regresou aos estudos, cursando Belas Artes na Academia de Belas Artes de Düsseldorf. En 1981 tamén comezou a publicar álbums de seu, co seu primeiro título Sarius, que foi editado pola Rosa Winkel de Berlín. En 1987 publica o primeiro álbum con historia completa e longa, a primeira novela gráfica, co título de Kondom des Grauens.
Está traducido a uns 14 idiomas, e os seus álbums teñen acadado a cifra de 5 millóns de exemplares. Foi levado ao cine en catro ocasións.
Estilo
[editar | editar a fonte]A súa banda deseñada caracterízase por unha busca constante do humor, reproducindo situacións cómicas que lle suceden aos personaxes das comunidades gai-lésbicas de Alemaña: os seus personaxes, que se moven fundamentalmente en relación a estereotipos sexuais e físicos, teñen continuidade a través dalgunhas obras, incluso naquelas como Lysistrata ou Jago onde realiza digresións históricas á Grecia clásica ou á Inglaterra de Shakespeare.
O seu deseño é claro e fundamentalmente en branco e negro, con predominio das liñas sobre as masas. O resultado son debuxos que se achegan á caricatura de carácter cómico e grotesco.
Malia o seu ton humorístico ten tocado a miúdo temas serios, relacionados coa saída do armario, a homofobia ou a reacción cultural producida como consecuencia da sida.
Álbums
[editar | editar a fonte]- Sarius, 1981
- Das sensationelle Comic-Book, 1981
- SchwulComix, 1981
- SchwulComix 2, 1984
- Macho Comix, 1984
- SchwulComix 3, 1985
- SchwulComix 4, 1986
- Kondom des Grauens, 1987
- Der bewegte Mann, 1987
- Lysistrata, 1987
- Pretty Baby, 1988 (continuación de Der bewegte Mann)
- Comics, Cartoons, Critzeleien, 1988
- Safere Zeiten, 1988
- Beach Boys, 1989
- Prall aus dem Leben, 1989
- Bis auf die Knochen, 1990 (continuación de Kondom des Grauens)
- Heiße Herzen, 1990 (con Detlev Meyer)
- Zitronenröllchen, 1990
- Schwulxx-Comix, 1990 (con Walter Moers)
- Deutsche Tuntenpost, 1991
- Bullenklöten!, 1992
- ...und das mit links!, 1993
- Konrad und Paul, 1993
- Konrad und Paul 2, 1994
- Konrad und Paul 3, 1997
- Jago, 1998
- Superparadise, 1999 (continuación de Bullenklöten)
- Poppers! Rimming! Tittentrimm!, 2001
- Wie die Karnickel, 2002
- Sie dürfen sich jetzt küssen, 2003 (terceira parte de Bullenklöten)
- Suck my duck, 2004
- Roy und Al, 2004
- Dschinn Dschinn: Der Zauber des Schabbar, 2005
- Dschinn Dschinn 2: Schleierzwang im Sündenpful, 2006
Filmes
[editar | editar a fonte]- Der bewegte Mann, 1994
- Kondom des Grauens, 1996 (guión de Ralf König)
- Wie die Karnickel, 2002 (guión de Ralf König)
- Lisístrata, España 2002 (baseada en Lysistrata)
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Joop Klepzeiker, 1988
- Mellor debuxante de banda deseñada alemán, Grenoble, 1990
- Premio Max e Moritz, 1992
- Mellor debuxante de banda deseñada internacional, Barcelona, 1992
- Bundesfilmpreis polo filme O home desexado, 1995
- Goldene Leinwand mit Sternchen polo filme O home desexado, 1995
- Goldener RIK, Colonia, 2002
- Zivilcourage-Preis des Berliner CSD, Berlin, 2004
- Prix Alph’Art, Angoulême, 2005
- Premio miglior storia lunga, 2005
- Premio Max e Moritz, 2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ralf König |