Rally Botafumeiro de 1990
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally Botafumeiro e Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally |
Localización e Datas | |
País | España |
Número de edición | 5 (1990) |
Competición | |
Primeiro posto | Marc Etchebers |
O Rally Botafumeiro de 1990 foi a 5ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 1 de xullo de 1990 e o vencedor foi o vascofrancés Marc Etchebers sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]O equipo formado polo vascofrancés Marc Etchebers e o ferrolán Humberto González gañou con facilidade o rally ao marcar o mellor tempo en todos os treitos cronometrados, excepto nos dous últimos, que foron para Sergio Vallejo e José Manuel López Parada. A segunda praza estivo moito máis disputada e tras o abandono por problemas mecánicos de Manuel Senra, que marcara o segundo mellor tempo no primeiro treito, a loita deuse entre Vallejo, Parada, "Peitos", Antonio Trelles e Antonio Garrido. Ao remate dos seis treitos diúrnos era "Peitos" o que ocupaba a segunda praza, seguido moi de preto polos demais. Con todo, na sección nocturna os irmáns Vallejo rodaron rápido e subiron ata a segunda praza final. "Peitos" quedou finalmente cuarto (e primeiro no Trofeo Citroën), ao verse adiantado ao final tamén polo vigués Trelles, que subiu ao podio en terceira posición e gañou na Copa Renault.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | Marc Etchebers | Humberto González | Ford Sierra Cosworth | 57.13 |
2 | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Peugeot 205 GTI | 58.38 |
3 | Antonio Trelles | Candú Costas | Renault 5 GT Turbo | 59.00 |
4 | "Peitos" | Francisco Javier Salgueiro | Citroën AX Sport | 59.01 |
5 | Jorge Pérez | Luis Pérez | Renault 5 GT Turbo | 59.48 |
6 | Antonio Garrido | López Carbajal | Ford Sierra Cosworth | 1:00.07 |
7 | Javier García | Esturao | Renault 5 GT Turbo | 1:00.30 |
8 | José M. López Parada | José Valcárcel | Renault 5 GT Turbo | 1:01.03 |
9 | Javier Piñeiro | Carlos Cascallar | Peugeot 205 Rallye | 1:01.22 |
10 | Luis Vázquez Mera | Suso | Renault 5 GT Turbo | 1:02.10 |
Abandonos | ||||
- | Manuel Senra | José Maceiras | Peugeot 205 GTI | - |
- | Carlos Piñeiro | Renault 5 GT Turbo | - | |
- | Alberto González | Citroën AX GT | - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (2 de xullo de 1990). "Clara victoria del equipo Etchebers-González en el Rally do Botafumeiro, disputado en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44.
Predecesor: Rally do Lacón |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1990 |
Sucesor: Rally Rías Baixas |