Rally Rías Baixas de 1990
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally Rías Baixas e Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally |
Localización e Datas | |
País | España |
Número de edición | 28 (1990) |
Competición | |
Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
O Rally Rías Baixas de 1990 foi a 26ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 28 de xullo de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón, a bordo dun Ford Sierra RS Cosworth.[1]
Itinerario
[editar | editar a fonte]O rally constou de tres seccións e 17 treitos cronometrados. A primeira comezou ás 10 da mañá e percorreu os treitos de Vigo, Cillarga (9,4 km), Barbudo (4,4 km), Fornelos - Quintáns (16,8 km) e Sabaxáns - Barcia de Mera - Covelo (22,9 km). Na segunda sección repetíronse os mesmos treitos, con chegada en Vigo e cunha pasada extra por Cillarga. A terceira e última sección, a nocturna, comezou ás 9 da noite en Vigo e percorreu dúas veces os treitos de Salceda (6,7 km), Chenlo (9,9 km), Vincios - Vilaza (4,6 km) e Camos - Vincios (5,4 km), rematando de madrugada.[2]
Resumo
[editar | editar a fonte]O rally supuxo o regreso de Germán Castrillón e Estrella Castrillón, que tras seren subcampións galegos o ano anterior non participaran aínda en ningún rally desta tempada por falta de patrocinadores.[1] Finalmente inscribíronse cun Ford Sierra Cosworth mercado a Carlos Piñeiro.[3] Tamén reaparecía o vigués Juan Carlos González "Culebra", aos seus 52 anos e despois de máis de dez sen competir. Inscribiuse cun BMW M3 que lle mercou a Pep Bassas, e co que o piloto catalán se proclamara campión de España na tempada anterior.[1]
Ao pouco de comezar o rally tivo que abandonar o campión galego Arturo Rial, con problemas no embrague. Germán Castrillón marcou o mellor tempo nos tres primeiros treitos e mantivo o liderado até o segundo paso por Sabaxáns - Barcia de Mera - Covelo, onde foi superado por "Culebra", que rematou as dúas seccións diúrnas como líder, aínda que con só seis segundos de vantaxe sobre os Castrillón.[4] O canario Pedro Cruz sufriu un accidente no primeiro paso por Fornelos e tivo que ser trasladado en ambulancia, aínda que finalmente o seu estado non revestiu gravidade.[4]
No primeiro treito da sección nocturna, en Salceda, Castrillón recuperou a primeira posición, e aumentou a súa vantaxe nos dous seguintes treitos, Chenlo e Vincios - Vilaza. Na primeira pasada por Camos - Vincios, "Culebra" recortoulle un pouco de tempo ata colocarse a 15 segundos, pero con todo, Castrillón xa non cedeu a primeira posición e chegou como vencedor á meta, tendo como único sobresalto en toda a noite unhas vacas que se lle cruzaron na estrada no treito de Chenlo.[1]
O vascofrancés Marc Etchebers ocupou o terceiro caixón do podio, ao chegar por diante do canario "Carlos" e do Citroën AX Sport de "Peitos", quedando este último en quinto lugar e primeiro da Challenge Citroën.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Arévalo, Fernando (30 de xullo de 1990). "Castrillón, el más rápido en los tramos nocturnos, venció en el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 25.
- ↑ Arévalo, Fernando (28 de xullo de 1990). "Brizuela, máximo rival de Etchebers entre los 72 inscritos en el Rally Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 46.
- ↑ "Setenta y dos equipos inscritos en el Rally Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xullo de 1990. p. 50.
- ↑ 4,0 4,1 Arévalo, Fernando (29 de xullo de 1990). "Ligera ventaja de González sobre Castrillón, tras la primera parte del Rally Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 46.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Rally Botafumeiro |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1990 |
Sucesor: Rally Cidade de Cristal |