Rally Rías Baixas de 1991
Tipo | edición de rally ![]() |
---|---|
Parte de | Rally Rías Baixas e Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Número de edición | 29 (1991) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Juan Carlos González Martín ![]() |
O Rally Rías Baixas de 1991 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 28 de xullo de 1991 e o vencedor foi Juan Carlos González "Culebra", a bordo dun BMW M3.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]"Culebra" presentouse no rally da súa cidade cun novo BMW M3, adquirido a Pep Bassas ao igual que o vehículo do mesmo modelo co que quedara segundo na edición anterior, e cos que o piloto catalán correra o Campionato de España. O M3 que usara na edición anterior foi utilizado nesta ocasión polo tamén vigués Urbano Villanueva. "Culebra" marcou o mellor tempo en sete dos oito treitos diúrnos, pero sufriu unha penalización de 4 minutos en Gondomar que o apeou do primeiro posto. Con todo, puxo unha reclamación ante a organización do rally, que tras avaliar a situación, retirou a penalización. Os principais rivais de Culebra durante o rally foron o berciano Antonio Garrido (Ford Sierra Cosworth), que rematou finalmente segundo, Urbano Villanueva e Arturo Rial (Citroën AX Sport), estes dous últimos con cadansúa penalización tamén. Rial foi o máis rápido nas dúas pasadas por Salceda e o segundo máis rápido nas tres pasadas por Camos e unha por Chenlo, polo que a pesar dos catro minutos de penalización, puido rematar sétimo.[1]
O rally estivo marcado polo grave accidente e posterior incendio sufrido polo Ford Sierra Cosworth pilotado polo vixente campión galego, así como vencedor do rally o ano anterior, Germán Castrillón. O vehículo quedou totalmente calcinado e a copiloto, Estrella Castrillón, sufriu importantes queimaduras de segundo e terceiro grao en cara, pés e mans, polas que foi ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Ditas queimaduras mantivérona apartada da competición cinco meses, ata a súa reaparición no Rally de Ferrol. Tamén sufriron queimaduras dous espectadores que acudiron a socorrela.[1]
Dos 63 vehículos que tomaron a saída, só 31 chegaron á meta.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
BMW M3 | 1h20'55'' |
2 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra RS Cosworth | 1h24'00'' |
3 | ![]() |
![]() |
BMW M3 | 1h24'55'' |
4 | ![]() |
![]() |
Renault Clio 16v | 1h26'03'' |
5 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | 1h26'09'' |
6 | ![]() |
![]() |
Mercedes-Benz 190E 2.3 16v | 1h26'38'' |
7 | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | 1h26'54'' |
8 | ![]() |
![]() |
Renault 5 GT Turbo | 1h27'56'' |
9 | ![]() |
![]() |
Renault Clio 16v | 1h28'04'' |
10 | ![]() |
![]() |
Renault 5 GT Turbo | 1h29'05'' |
Abandonos | ||||
- | ![]() |
![]() |
Ford Sierra RS Cosworth | - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "«Culebras» salió victorioso de su lucha contra Villanueva y de la amenaza de una penalización". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1991. p. 27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Rally Botafumeiro |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1991 |
Sucesor: Rally da Coruña |