Rally de Ferrol de 1991
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally de Ferrol e Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally |
Número de participantes | 38 |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | 30 de novembro de 1991 – 1 de decembro de 1991 |
Número de edición | 22 (1991) |
Competición | |
Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
O Rally de Ferrol de 1991 foi a 22ª edición de dito rally e a undécima e última proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 30 de novembro e o 1 de decembro de 1991 e os vencedores foron Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón. Foi o terceiro dos dez triunfos que lograron na proba ferrolá.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]Neste rally reaparecía Estrella Castrillón como copiloto de Germán Castrillón, despois de varios meses sen competir tras o grave accidente sufrido no 28º Rally Rías Baixas. O camiño cara a vitoria do equipo dos Castrillón achandouse coa non participación de Marc Etchebers, que tivo un accidente adestrando, e o prematuro abandono de Manuel Senra, con problemas na culata do seu Peugeot 309 GTi 16v. Deste xeito lograron comodamente a vitoria, manténdose líderes tanto o sábado como o domingo.[1]
Por detrás deles o rally estivo máis competido, coa loita do sábado entre o Peugeot 309 GTi 16v de Miguel Dopico e o Renault Clio 16v de Javier Piñeiro, ata que ambos se saíron da estrada. A primeira etapa rematou con Sergio Vallejo (Peugeot 205 GTI) segundo e Juan Carlos Táboas (Citroën AX Sport) terceiro. Con todo, na etapa do domingo, xa no primeiro paso por Doroña Táboas adiantou a Vallejo e tras repartírense catros dos cinco scratchs restantes, chegou segundo á meta. En cuarta posición chegou Javier Paz, que con problemas no cambio do seu Citroën AX Sport estivo a piques de verse superado no final por Lino Otero (Renault 5 GT Turbo).[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Ford Sierra Cosworth | 1.02.54 |
2 | Juan Carlos Táboas | Manuel Gilsanz | Citroën AX Sport | 1.04.52 |
3 | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Peugeot 205 GTI | 1.04.53 |
4 | Javier Paz | Manuel García | Citroën AX Sport | 1.07.11 |
5 | Lino Otero | Chao | Citroën AX Sport | 1.07.12 |
6 | "Solo" Martínez | José Manuel Pazos | Renault 5 GT Turbo | 1.08.01 |
7 | Vicente Posada | Sergio Freire | Citroën AX Sport | 1.08.31 |
8 | Emilio Barros | Poli Costas | Renault Clio 16v | 1.08.48 |
9 | Carlos Iglesias | Chelo Prieto | Citroën AX GT | 1.08.56 |
10 | Alonso | Vázquez | Citroën AX | 1.10.20 |
11 | Amable Breijo | Renault 5 GT Turbo | ||
12 | José M. López Castrillón | Ford Sierra XR2 | ||
Abandonos | ||||
- | Manuel Senra | José Maceiras | Peugeot 309 GTI 16v | - |
- | Jesús Campos | Renault Clio 16v | - | |
- | Ricardo Vidal | - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1991). "Los Castrillón, inalcanzables en "su" rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
Predecesor: Rally Mil Vistas |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1991 |
Sucesor: ' |