Miguel Dopico
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Luis Miguel Dopico Abelleira, nado en Ferrol,[1] é un expiloto galego de rallys. Foi un dos principais pilotos do Campionato de Galicia de Rally dos anos 90, no que se proclamou campión na tempada 1995.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse nos rallys a mediados dos anos 80 conducindo un Seat Panda. Tras un pequeno paréntese reapareceu en 1988 para disputar o Rally Cidade de Cristal cun Peugeot 205 GTI. Con este coche disputou en 1989 o Desafío Peugeot.[1] En 1991 competiu cun Peugeot 309 GTI 16v co que quedou cuarto no Rally da Coruña[3] e subiu ao podio en terceira posición no Rally Mil Vistas.[4] Na tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally adquiriu un Ford Escort RS Cosworth, co que conseguiu dous podios, quedando terceiro no Rally de Ferrol[5] e segundo no Mil Vistas, só por detrás de Germán Castrillón.[6]
Comezou a tempada 1994 logrando a súa primeira vitoria no primeiro rally do ano, o Albariño.[7] A continuación, tras un abandono en Noia sumou unha nova vitoria, no Rally de Ferrol,[8] e en agosto a terceira, gañando o 5º Rally Mil Vistas,[9] liderando deste xeito o campionato. Na segunda parte da tempada quedou cuarto no Rally Rías Baixas[10] e segundo no Lacón e no Botafumeiro, en ambos casos por detrás de Arturo Rial.[11][12] Con todo, no Rally da Coruña, última proba da tempada, o navarro Javier Azcona conseguiu os puntos necesarios para superalo, polo que Dopico e o seu copiloto Álvaro Louro, remataron como subcampións galegos.[13][1]
Ao ano seguinte gañou o Rally de Noia e o Rally do Lacón, que sumados a outros cinco podios na tempada déronlle os puntos suficientes para proclamarse campión galego por diante de Germán Castrillón.[2] Non puido revalidar o título ao ano seguinte, nunha tempada na que sufriu varios abandonos. Con todo, gañou o Rally Botafumeiro.
Nos seguintes anos competiu con menos sorte cun Seat Ibiza, tendo como mellores resultados dous terceiros postos nos rallys de Narón e Ferrol de 1998, en ambos casos por detrás de Germán Castrillón e Manolo Senra. No ano 2001 disputou case todas as probas do Campionato de España e rematou segundo na Copa Seat Ibiza, a só un punto do campión, Xavier Ezenarro.[14] Tras varios anos sen competir reapareceu en 2006 no Rally de Ferrol a bordo dun Seat León Cupra, co que rematou 10º. En 2007 quedou quinto nos rallys do Cocido e de Narón, conducindo un Subaru Impreza. Logo, tras uns anos sen correr, disputou algúns rallys do campionato galego en 2010 e 2011, cun Ford Fiesta R2 e acompañado por Diego Ernesto Rumbo como copiloto, mais sen grandes resultados.[15]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Resultados no Campionato de Galicia
[editar | editar a fonte]Ano | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1991 | Peugeot 309 GTI 16v | SIL | NOI | LAC | OUR | BOT | RBX | COR 4 |
VIG | SFR | RMV 3 |
FER | ||
1992 | Peugeot 309 GTI | ALB | NOI | LAC | FER | RBX | COR Ret |
OUR | RMV | |||||
1993 | Ford Escort RS Cosworth | ALB | NOI | LAC | FER 3 |
OUR | SFR | RBX | BOT | COR Ret |
RMV 2 |
|||
1994 | Ford Escort RS Cosworth | ALB 1 |
NOI Ret |
FER 1 |
OUR | SFR | RMV 1 |
NAR Ret |
RBX 4 |
LAC 2 |
BOT 2 |
COR | 2º | |
1995 | Ford Escort RS Cosworth | ALB | NOI 1 |
LAC 1 |
OUR 16 |
BOT 2 |
NAR 2 |
RBX 2 |
SFR Ret |
COR 3 |
FER 2 |
1º | ||
1996 | Ford Escort RS Cosworth | ALB | NOI 2 |
LAC | BOT 1 |
NAR Ret |
OUR Ret |
LAL | RBX Ret |
POR | FER Ret |
COR | ||
1997 | Seat Ibiza Cupra | NOI | BOT | LAC | NAR 7 |
COC | ALB | FER | ||||||
1998 | Seat Ibiza Cupra | NOI | BOT | COC | NAR 3 |
ALB | FER 3 |
LAC | ||||||
1999 | Seat Ibiza Cupra | COC | BOT | NAR Ret |
ALB 5 |
LUG | FER 5 |
NOI |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Valencia, José (24 de novembro de 1995). "«Valoro más la cabeza que el pedal»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45.
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, F. (19 de novembro de 1995). "Martínez Conde se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60.
- ↑ Arévalo, Fernando (26 de agosto de 1991). "Alonso obtuvo su segundo triunfo en el Rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37.
- ↑ Arévalo, Fernando (4 de novembro de 1991). "El regreso al futuro de Germán Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50.
- ↑ "Los Castrillón cumplieron los pronósticos en el Rally Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1993. p. 40.
- ↑ Arévalo, Fernando (13 de decembro de 1993). "Castrillón se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57.
- ↑ "Dopico, del Siroco Team, vencedor del III Ralli do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 1994. p. 57.
- ↑ "Dopico, el más rápido en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 1994. p. 47.
- ↑ Caamaño, Abel (7 de agosto de 1994). "Dopico ganó ayer la quinta edición del Rally Mil Vistas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 41.
- ↑ Arévalo, F. (24 de setembro de 1994). "Moratal, sin rivales en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57.
- ↑ Castro, X. R. (31 de outubro de 1994). "Rial aprovechó el Rally do Lacón para lucir su Citroen ZX". La Voz de Galicia (en castelán). p. 64.
- ↑ Bermúdez, Santiago T. (13 de novembro de 1994). "Rial gana todos los tramos y se adjudica el Rally do Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). p. 54.
- ↑ Arévalo, F. (20 de novembro de 1994). "El piloto navarro Jaime Azcona conquistó el Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55.
- ↑ "Resultados nacionais 2001" (PDF) (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ "Los pilotos locales quieren disfrutar" (PDF). La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 2010. p. 10. Consultado o 5 de xuño de 2020.