Saltar ao contido

Rally de Ferrol de 1994

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally de Ferrol de 1994
Tipoedición de rally Editar o valor en Wikidata
Parte deRally de Ferrol e Tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor en Wikidata
Número de participantes49 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónFerrol (Provincia da Coruña) 43°29′04″N 8°13′58″O / 43.4844, -8.2328 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición25  (1994) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLuis Miguel Dopico Abelleira Editar o valor en Wikidata

1993 Editar o valor en Wikidata
1995 Editar o valor en Wikidata


O Rally de Ferrol de 1994 foi a 25ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 28 de maio de 1994 e o vencedor foi o piloto local Miguel Dopico.[1]

Itinerario

[editar | editar a fonte]

O rally constou de 12 treitos: dúas pasadas polo treito de Vilariño, dúas polo Castelo, tres polo Deveso, tres por Cerdido e dúas por Recemel. En total os vehículos recorreron 466,7 km dos cales 87,3 foron cronometrados. A saída realizouse ás dez da mañá no recinto feiral de Punta Arnela e a chegada foi no mesmo lugar sobre a medianoite.[2]

Miguel Dopico máis o seu copiloto Álvaro Louro colocáronse líderes dende o principio e xa non perderon a posición ata o final da proba. Por detrás chegaron sen demasiado problema José Manuel López Castrillón e Germán Castrillón. Este último, vencedor os últimos catro anos, participou esta vez como copiloto, aínda que tomou o mando do coche nalgúns treitos, reservándose para marchar inmediatamente para Asturias á disputa doutro rally.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1 Galicia Miguel Dopico Galicia Álvaro Louro Ford Escort RS Cosworth Siroco Team 54:37
2 Galicia José Manuel López Castrillón Galicia Germán Castrillón Siroco Team 55:49
3 España Roberto Méndez España Fernando dos Santos Escudería Ferrol 56:13
4 Galicia Javier Piñeiro Galicia Manuel Ferreiro Renault Clio Williams Escudería Rías Baixas 56:33
5 Galicia Arturo Rial Galicia Juan Carlos Arias Citroën AX Sport Escudería Berberecho 56:48
  1. 1,0 1,1 "Dopico, el más rápido en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 1994. p. 47. 
  2. "La salida del Rally de Ferrol, a las diez en la Feria de Muestras". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 1994. p. 47. 


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1994
Sucesor:
Rally de Ourense