Saltar ao contido

Rally Mil Vistas de 1993

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally Mil Vistas de 1993
Tipoedición de rally Editar o valor en Wikidata
OrganizadorSenra Sport
Escudería Berberecho Editar o valor en Wikidata
Parte deRally Mil Vistas e Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor en Wikidata
Número de participantes36 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición4  (1993) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoGermán Castrillón Permuy Editar o valor en Wikidata

1992 Editar o valor en Wikidata
1994 Editar o valor en Wikidata

O Rally Mil Vistas de 1993 foi a cuarta edición de dito rally e a última proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 11 de decembro de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]

Data e itinerario

[editar | editar a fonte]

O rally estaba previsto para o 3 de outubro de 1993, pero dous días antes anunciouse o seu adiamento por problemas burocráticos.[2] Finalmente celebrouse o 11 de decembro, despois do Rally da Coruña, pechando deste xeito a tempada. Constou de 11 treitos, con saída e chegada en Carnota. Estaban programadas dúas pasadas polos treitos de Carnota, O Ézaro-Mazaricos, Dumbría e Vimianzo, e tres polo de Muros,[3][4] pero o primeiro paso polo Ézaro foi anulado.[1]

Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón colocáronse en cabeza no primeiro treito e xa non perderon a posición, marcando o mellor tempo en case todos os tramos da carreira.[5] Manuel Senra ocupou a segunda praza durante gran parte do rally, até que a rotura dun palier do seu Peugeot 309 fíxoo abandonar a falta de catro treitos. Miguel Dopico ascendeu así á segunda posición final, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno o leonés Roberto Méndez. O campión da tempada, Arturo Rial, rematou cuarto, tras un par de saídas da estrada nos últimos quilómetros.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo/diferenza
1 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Escort Cosworth 42:16
2 Galicia Miguel Dopico Galicia Álvaro Louro Ford Escort Cosworth a 1:13
3 España Roberto Méndez España Fernando dos Santos Renault Clio 16v a 2:02
4 Galicia Arturo Rial Galicia Juan Carlos Arias Citroën AX Sport a 2:21
5 Galicia Juan Carlos Táboas Galicia Luis Fernández Citroën AX Sport a 3:02
6 Galicia Roberto Blach Galicia José Antonio Gómez Peugeot 309 GTI a 3:13
7 Galicia Jesús Campos Galicia Faustino Suárez Renault Clio 16v a 4:49
8 Galicia Ricardo Vidal Galicia Juan Carlos Souto Peugeot 309 GTI 16v a 5:14
9 Galicia José María Magdaleno Galicia Julio Garriga Renault Clio Williams a 5:16
10 Galicia Alberto Tombo Galicia Manuel Ferreiro Renault Clio 16v a 6:13
11 Couto Gómez Renault 5 GT Turbo a 6:16
12 Galicia José Tojo Lens Galicia Rafael Ferreño Peugeot 205 Rallye a 7:03
13 España Félix García España Miguel Ángel García Peugeot 205 Rallye a 7:10
14 Galicia Félix Enes Galicia José María Magallanes Citroën AX Sport a 7:40
15 Galicia Pedro Castañón Galicia Miguel Ángel Vilas Citroën AX Sport a 7:41
16 Galicia Leandro Puente C. Maira Peugeot 205 Rallye a 7:42
17 Galicia Luis Carballido Galicia Benito Carballido Citroën AX GTI a 8:43
18 Galicia Jesús Seoane Galicia Angélica Couce Peugeot 205 Rallye a 8:51
19 Mariño Silva Opel Corsa GSI a 13:15
20 Méndez Amado Peugeot 205 Rallye a 13:15
21 Galicia Francisco Javier Pedreira Galicia Diego Vallejo Citroën AX GT a 14:12
Abandonos
- Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v -
- Galicia Óscar Outeiriño M. Fernández Renault 5 GT Turbo -
- Galicia Vicente Posada Galicia Sergio Freire Citroën AX Sport -
- Galicia Elías Ares Galicia Segundo Pampillón Citroën AX GT -
  1. 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (13 de decembro de 1993). "Castrillón se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57. 
  2. "Aplazado el Rally Mil Vistas de automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1993. p. 52. 
  3. "Treitos". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 
  4. Arévalo, Fernando (11 de decembro de 1993). "Castrillón, Senra y Rial, favoritos para ganar hoy el Rally 1.000 Vistas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43. 
  5. "Gañadores dos treitos". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
'