José María Martínez Magdaleno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | educador, piloto de rally |
Deporte | rally |
José María Martínez Magdaleno nado en Moaña,[1] é un profesor e ex piloto de rallys galego.
Competiu durante décadas en diversos campionatos tanto a nivel nacional como autonómico, en probas de asfalto, terra e montaña. En 1998 proclamouse campión de España de Montaña no grupo N.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio en Ourense e afincouse no Carballiño, onde foi mestre e director do Colexio Vila do Arenteiro.[3]
En 1977 disputou a súa primeira proba automobilística, a Subida a Laza.[1] Dende entón disputou numerosas probas en distintas modalidades. En 1988, cun Lancia Delta HF 4WD saíu gañador do I Rally de Terra do Carballiño, unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de Terra, e ao ano seguinte gañou o Rally de Terra Concello de Barbadás. O Lancia Delta quedou calcinado no 2º Rally de Narón, despois de que envorcase cando ía segundo e que comezase a arder tras ser posto de novo sobre as rodas.[4] Correu tamén durante anos o Campionato de Galicia de Rally, logrando algúns podios como o segundo posto no 25º Rally do Lacón ou o terceiro no 1º Rally do Albariño, en ambos casos cun Lancia Delta Integrale.
Ademais competiu asiduamente no Campionato de Galicia de Montaña dende a súa primeira edición, en 1984.[5] En 1995, correndo cun Renault Clio Williams, proclamouse campión do grupo N tanto no galego de montaña,[6] como no Campionato Astur Galaico de Montaña,[7] despois de lograr varias vitorias, como as conseguidas na Subida a Silleda ou na Subida a Almofrei.[8] En 1996 cun Ford Escort Cosworth volveu gañar dentro do grupo N o campionato astur galaico, mentres que quedou subcampión no campionato galego.[9] En 1997 revalidou de novo o título astur galaico do grupo N e rematou tamén campión de dito grupo no campionato galego de montaña, onde ademais acabou segundo na xeral absoluta, só por detrás do Peugeot 306 de Manuel Senra.[10] Na tempada 1998 disputou o Campionato de España de Montaña, rematando o ano como campión do grupo N.[2]
Correu tamén probas do Campionato de España de Rallys e da Copa de España de Rally e nos últimos anos compite como copiloto de José Luis Suárez en probas de montaña.[11]
Presidiu a Escudería Pontevedra e encargouse da organización de varias edicións da Subida a Almofrei.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "«Nuestro deporte no tiene edad sobre todo en modalidades como la montaña»". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de decembro de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Clasificacións nacionais de 1998" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Martínez Magdaleno se recupera de un derrame cerebral". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de decembro de 2010. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ Arévalo (29 de maio de 1989). "En Narón, triunfo de Caamaño y desgracia para Magdaleno.que pasó de ser segundo a ver su coche reducido a cenizas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 47.
- ↑ "Clasificación del Campeonato Gallego de Montaña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 8 de setembro de 1984. p. 37.
- ↑ "Magdaleno aparcará su Clio por lo que resta de temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 7 de setembro de 1995. p. 45.
- ↑ "Magdaleno renovó su triunfo en el grupo N del Astur Galaico". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 17 de outubro de 1996. p. 53.
- ↑ "Magdaleno selló la temporada con otro triunfo en el Grupo N". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 19 de outubro de 1995. p. 48.
- ↑ "La temporada de montaña fue productiva para Magdaleno, que destacó con su Escort en Galicia y Asturias". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 30 de outubro de 1997. p. 49.
- ↑ "José Manuel Castro, el mejor piloto lucense en la general final". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte ed.). 26 de novembro de 1997. p. 47.
- ↑ "Clasificación Campionato de Galicia de Montaña de 2019" (PDF). FGA. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Los miles de aficionados que acuden a Almofrei podrán seguir disfrutando de esta prueba al menos un año más". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 13 de marzo de 1996. p. 45.