Rally de Narón de 1989
Tipo | edición de rally ![]() |
---|---|
Parte de | Rally Cidade de Narón e Tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra ![]() |
Número de participantes | 32 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Número de edición | 2 (1989) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | José Caamaño Louro ![]() |
O Rally de Narón de 1989 foi a segunda edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Disputouse en Narón o 27 de maio de 1989 e os vencedores foron José Caamaño e José Manuel Valeiro a bordo dun Citroën Visa 1000 Pistas.[1]
Itinerario
[editar | editar a fonte]Constou dun itinerario segredo ata a disputa do rally, con dez pasadas por tres treitos diferentes (Piscina Municipal, Pedroso e San Xiao), sumando un total de 149 km, dos cales 37,6 foron cronometrados.[2][3]
Resumo
[editar | editar a fonte]No primeiro treito empataron co mesmo tempo o Citroën Visa 1000 Pistas do coruñés José Caamaño e o Renault 11 Turbo do portugués Viana Ferreira, mentres que nos restantes nove treitos Caamaño marcou o mellor tempo logrando unha cómoda vitoria. Viana Ferreira mantivo a segunda posición ata o cuarto treito cando sufriu unha saída de pista e tivo que abandonar por problemas no motor. José María Martínez Magdaleno pasou entón a ocupar a segunda praza, rematando a primeira sección a 18 segundos de Caamaño, seguido por Javier García, Andrés González e José Manuel Torres.[4]
Na segunda sección o Lancia Delta HWD de Magdaleno envorcou, foi posto de novo sobre as rodas coa axuda duns espectadores e a continuación comezou a arder, quedando o vehículo totalmente calcinado. O seu copiloto, Manuel Campos, sufriu queimaduras, tendo que ser atendido nun centro hospitalario, ao igual que un dos espectadores.[4] Tamén envorcou o Renault 5 GT Turbo de Javier García, situación que aproveitou Andrés González para ocupar a segunda posición final.[4] O portugués João Enes cun Golf GTI completou o podio.[1]
Dos 32 pilotos que tomaron a saída, só 18 chegaron á meta. Entre os abandonos estiveron tamén os Seat 124 de Marabú, Jesús Ferreiro e Estrella Castrillón, sendo no caso desta última a súa única participación como piloto nun rally, invertendo con Germán Castrillón os seus habituais papeis de piloto e copiloto. Abandonaron tras sufrir unha rotura no vehículo.[4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Clasificación final do rally" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Itinerario". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2020.
- ↑ Arévalo, Fernando (27 de maio de 1989). "Cuarenta pilotos correrán hoy el Rally de Narón, organizado por el Siroco Team". La Voz de Galicia (en castelán). p. 51.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Arévalo (29 de maio de 1989). "En Narón, triunfo de Caamaño y desgracia para Magdaleno.que pasó de ser segundo a ver su coche reducido a cenizas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 47.
Predecesor: Rally de Terra Concello de Barbadás |
Campionato de Galicia de Rallys de Terra Tempada 1989 |
Sucesor: Rally de Terra de Parada do Monte |