Rally Mil Vistas de 1992
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally Mil Vistas e Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally |
Localización e Datas | |
País | España |
Número de edición | 3 (1992) |
Competición | |
Primeiro posto | Manuel Senra |
O Rally Mil Vistas de 1992 foi a terceira edición de dito rally e a última proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 14 de novembro de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre un Peugeot 309 GTI 16v.[1]
Itinerario
[editar | editar a fonte]Tanto a saída como a chegada situouse en Muros. Constou de 63,6 km cronometrados divididos en 11 treitos: dúas pasadas polos trazados de Carnota (4,95 km), O Ézaro (11 km), Dumbría (3,5 km) e Vimianzo (3,5 km) e tres polo de Muros (5,9 km).[2]
Resumo
[editar | editar a fonte]Germán Castrillón non participou na proba ao ser xa matematicamente campión de Galicia, polo que a atención centrouse no subcampionato ao que optaban Manuel Senra (486 puntos), Sergio Vallejo (455 puntos), Javier Piñeiro (446 puntos), Javier Paz (437 puntos) e José María Banga (420 puntos).[2] Finalmente o triunfo e o subcampionato foron para Senra, tras unha cómoda vitoria nunha carreira marcada polas malas condicións meteorolóxicas, que provocaron numerosos abandonos e problemas aos participantes.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Vehículo |
---|---|---|
1 | Manuel Senra | Peugeot 309 GTI 16v |
2 | Javier Paz | Citroën AX Sport |
3 | Juan Carlos Táboas | Citroën AX Sport |
Abandonos | ||
- | Jesús Campos | Renault Clio |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (15 de novembro de 1992). "Senra puso fin a su mala racha". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60.
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (14 de novembro de 1992). "Con el Rally Mil Vistas concluye el campeonato gallego de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49.
Predecesor: Rally de Ourense |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1992 |
Sucesor: ' |