Rally Rías Baixas de 2019
Rally Rías Baixas de 2019 | |
---|---|
Categoría | Galicia |
Localización | Comarca de Vigo |
Organizador | Escudería Rías Baixas |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 11 |
Distancia tramos | 110,05 km |
Gañadores | |
Piloto campión | Víctor Senra |
Equipo campión | Yacar Racing |
Participantes | |
Pilotos | 152 |
Anterior | Rally Rías Baixas de 2018 |
Seguinte | Rally Rías Baixas de 2020 |
O Rally Rías Baixas de 2019 foi a 53ª edición de dita proba e o terceiro rally da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 e o 18 de maio e o vencedor foi Víctor Senra.
Itinerario[editar | editar a fonte]
Constou de 11 treitos que sumaron 110,05 km, coa novidade do regreso ao rally do treito polo Monte do Castro, co que se abriu a competición. Déronse dúas pasadas a dito tramo o venres (estando o parque pechado situado nos aparcadoiros da praia de Samil), mentres que o resto de treitos corréronse a tripla pasada o sábado, sendo estes Vigo-Monte Alba, Gondomoar-O Porriño e Salceda de Caselas.[1]
Inscritos[editar | editar a fonte]
Inscribíronse 152 pilotos, entre os que destacaban as presenzas do bicampión de Galicia e líder do campionato, Víctor Senra, do campión do rally anterior, Manuel Fernández, o tres veces campión de Asturias Óscar Palacio, así como de Alberto Meira, Iago Caamaño, Ricardo Costa ou Luis Vilariño.[2][3]
Resumo[editar | editar a fonte]
Tras a disputa dos dous treitos urbanos do venres o portugués Ricardo Costa colocouse líder, con tres décimas de vantaxe sobre o asturiano Óscar Palacio, e un segundo sobre Alberto Meira, terceiro. Víctor Senra sufriu un trompo e perdeu doce segundos co líder, rematando o día en novena posición.[4][5] Con todo, Senra colocouse líder do rally xa no primeiro tramo do sábado, ao sacarlle case 13 segundos ao segundo, Alberto Meira, e máis de 17 a Costa.[6] Perdeu a primeira posición no terceiro treito fronte a Alberto Meira, que marcou o mellor tempo nese tramo e no seguinte, pero un trompo de Meira e outro scratch de Senra, fixeron que este último se colocase de novo na primeira posición tras o TC-5 en Salceda de Caselas. Uns problemas no turbo de Meira fixéronlle perder moito tempo nos seguintes tres treitos, que se adxudicou Senra, e aínda que conseguiu solucionalos e marcar o mellor tempo nas tres últimas pasadas non logrou arrebatarlle a vitoria ao piloto de Dumbría, que lograba así a súa primeira vitoria nesta proba, con Meira segundo e Costa completando o podio.[7][8]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mapa do percorrido" (PDF). rallyeriasbaixas.com. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Lista de inscritos" (PDF). TemposFGA. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Pistoletazo de salida al 53 Rallye Recalvi Rías Baixas" (en castelán). 16 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Hachazo de Ricardo Costa y tropiezo de Víctor Senra en el inicio del rali Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación venres" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación 3º tramo" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra gana el Rallye Rías Baixas con permiso de Alberto Meira" (en castelán). 18 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Senra se lleva el Rías Baixas". La Región (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Clasificación completa do rally Arquivado 13 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
- Revista oficial
- Rally Rías Baixas 2019 en ewrc.com (en inglés).
Predecesor: Rally de Noia |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 2019 |
Sucesor: Rally Cidade de Narón |