A tempada 2019 foi a 41ª edición do Campionato de Galicia de Rally. Comezou o 1 de marzo no Rally da Coruña e rematou o 16 de novembro no Rally Mariña Lucense.[1] O vencedor foi Víctor Senra, que gañou o seu terceiro título consecutivo. Os seus principais rivais foron Alberto Meira (2º) e Iago Caamaño (3º).
Os vehículos admitidos dividíronse en cinco agrupacións:[2]
- Agrupación 1: WRC, R5, S2000, R4, N1, N5, N6, Grupo A (4x4), Grupo N (4x4), Grupo X, GT, RGT, Grupo G, Grupo P, Grupo SCC.
- Agrupación 2: R3T, R3C, S1600, R2C, N2, Grupo N (2RM), Grupo A (Menos 2.0 cc), Grupo G, Grupo X.
- Agrupación 3: R3B, R3D, N3, Grupo A (Menos 1.6 cc), Grupo N (Menos 2.0 cc 2RM), Grupo X (Menos 2.000 cc 2RM), Históricos (Máis 1.600 cc, 2RM)
- Agrupación 4: Grupo N (-1.600 cc), R1A/R1B (Menos 1.600 cc), Grupo X (Menos 1.600 cc), Históricos (Menos 1.600 cc, 2RM)
- Agrupación 5: Todos o grupos de menos de 1.000 cc, excepto históricos.
Sistema de puntuación para a clasificación xeral:
Posición
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
Puntos
|
25
|
20
|
15
|
12
|
10
|
8
|
6
|
4
|
2
|
1
|
Sistema de puntuación para cada agrupación:
Posición
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
Puntos
|
10
|
9
|
8
|
7
|
6
|
5
|
4
|
3
|
2
|
1
|
Para definir o total de puntos obtidos por un participante nunha proba debíanse sumar os puntos obtidos na clasificación xeral e na agrupación e logo multiplicalos polo coeficiente da proba.[3]
A tempada comezou por terceiro ano consecutivo co Rally da Coruña. Constou de oito tramos que discorreron polos concellos de Coirós, Aranga, Arteixo, Culleredo, A Laracha e Cerceda, estando situado o parque pechado no Parrote.[4] O primeiro tramo tivo que ser neutralizado pola evacuación dun espectador cun amago de infarto, igual que o sétimo tramo, este por unha saída de pista de Jorge Cagiao, na que a súa copiloto, Amelia Blanco, tivo que ser atendida polas asistencias. Tamén tiveron que atender a Lorena Maroño, copiloto de Manuel González, tras un accidente.[5]
O defensor do título, Víctor Senra, comezou liderando os primeiros tramos co seu novo Citroën C3 R5, pero unha picada de roda no cuarto tramo, en Aranga, decantou a vitoria a favor de Iván Ares, que deste xeito gañou por segundo ano consecutivo a proba coruñesa, que finalmente sería o único rally do campionato galego que disputaría ese ano. Completou o podio do Parrote Iago Caamaño, que gañou o seu duelo particular con Alberto Meira, despois de que este perdera moito tempo ao realizar un trompo e non puidera remontar.[6] Por detrás chegaron o portugués Ricardo Costa, Antonio Fernández e os veteranos Tino Iglesias e Manolo Senra.[7]
A segunda cita da tempada foi o Rally de Noia, para o que se inscribiron máis de 150 pilotos. Celebrouse a primeira fin de semana de abril e constou de nove tramos que discorreron polos concellos de Noia, Lousame, Outes, Mazaricos e Porto do Son.
Comezou liderando Iago Caamaño tras o tramo do venres, por diante de Alberto Meira e Ricardo Costa. Porén as duras condicións meteorolóxicas do sábado provocaron un gran número de abandonos. Iago Caamaño tivo que abandonar dous quilómetros despois da saída por un problema coa bomba da auga,[8] sorte semellante á que correu Alberto Meira ao pararlle o coche na metade dun tramo.[9] Ao remate dos tramos da mañá Víctor Senra xa ocupaba a primeira posición, por diante de Ricardo Costa e Tino Iglesias. Con todo, na segunda pasada por Mazaricos, Senra saíuse da pista e perdeu 50 segundos, perdendo a primeira posición a favor de Ricardo Costa. Mais recuperou o liderado nos tramos da tarde, marcando o mellor tempo en todos eles e logrando a súa segunda vitoria no Rally de Noia, dous anos despois da primeira. Ademais colocouse primeiro no Campionato.[8] Por detrás chegou Ricardo Costa a 20 segundos de Senra e case dous minutos por riba do terceiro. A terceira praza estivo máis disputada, pasando por varias mans como as de Manolo Senra, Amador Vidal ou Tino Iglesias. Estes dous últimos víronse obrigados a abandonar tamén e Jorge Cagiao logrou subir ao podio en terceira posición, con Senra cuarto.[8]
O terceiro rally do calendario foi o Rías Baixas, consistente en 11 treitos entre Vigo, Gondomar, O Porriño e Salceda de Caselas, e que contou coa inscrición de 152 equipos.[10][11]
Tras a disputa dos dous treitos urbanos do venres o portugués Ricardo Costa colocouse líder, con tres décimas de vantaxe sobre o asturiano Óscar Palacio, e un segundo sobre Alberto Meira, terceiro. Víctor Senra sufriu un trompo e perdeu doce segundos co líder, rematando o día en novena posición.[12][13] Con todo, Senra colocouse líder do rally xa no primeiro tramo do sábado, ao sacarlle case 13 segundos ao segundo, Alberto Meira, e máis de 17 a Costa.[14] Perdeu a primeira posición no terceiro treito fronte a Alberto Meira, que marcou o mellor tempo nese tramo e no seguinte, pero un trompo de Meira e outro scratch de Senra, fixeron que este último se colocase de novo na primeira posición tras o TC-5 en Salceda de Caselas. Uns problemas no turbo de Meira fixéronlle perder moito tempo nos seguintes tres treitos, que se adxudicou Senra, e aínda que conseguiu solucionalos e marcar o mellor tempo nas tres últimas pasadas non logrou arrebatarlle a vitoria ao piloto de Dumbría, que lograba así a súa primeira vitoria nesta proba, con Meira segundo e Costa completando o podio.[15][16]
Despois das Rías Baixas foi a quenda do Rally Cidade de Narón. 130 pilotos realizaron a súa inscrición para os máis de 100 km programados en 10 treitos.
Víctor Senra foi o máis rápido no tramo especial do venres, por diante de Jorge Cagiao e Iago Caamaño, con Alberto Meira cuarto. Con todo, os problemas mecánicos de Senra e unha roda picada de Meira, fixeron que Iago Caamaño se colocase líder e que tras a primeira pasada aos tres treitos do sábado, xa lle sacase case 9 segundos a Meira e 11 a Senra.[17][18] A vantaxe aumentou aínda máis na segunda pasada e, aínda que Meira conseguiu recortar algo na terceira, non foi suficiente para impedir a vitoria de Caamaño. O triunfo do piloto de Culleredo produciuse 30 anos despois do logrado por seu pai, José Caamaño, que venceu na segunda edición do rally, en 1989.[19][17]
A quinta proba da tempada foi o Rally Sur do Condado, 9 tramos para os que se inscribiron 130 equipos. Alberto Meira comezou liderando, ao marcar os mellores tempos nos dous primeiros treitos, por diante de Iago Caamaño.[20] O máis rápido no terceiro tramo foi Víctor Senra, pero mantendo Meira o liderado, até que un trompo no cuarto tramo, en Ponteareas, deixou ao piloto de Gondomar case sen opcións.[21] Con todo, gañou o quinto treito, mentres que o sexto foi para Iago Caamaño. Pola súa banda, Manuel Fernández Estévez, o máis regular do rally, gañou o sétimo treito e colocouse líder da proba a falta dos dous últimos tramos, aproveitando unha picada de roda de Senra e o abandono de Iago Caamaño tras perder unha roda.[20][22] Meira foi o máis veloz no penúltimo treito, con Fernández segundo, quen deste xeito aumentou a súa vantaxe sobre Senra. Pero o piloto de Dumbría conseguiu vencer no último tramo, con 11 segundos de vantaxe sobre Meira e 18 sobre Fernández,[23] logrando así a súa terceira vitoria da tempada e a primeira neste rally. Manuel Fernández e Alberto Meira acompañárono no podio.[24]
A mediados de agosto o campionato desprazouse a Santiago de Compostela para a disputa do Rally Botafumeiro. Víctor Senra, que acumulaba seis vitorias na proba santiaguesa, incluídas as últimas cinco edicións, chegou con 1.192 puntos, por 781 de Alberto Meira e 591 de Iago Caamaño.[25] Foi este último quen comezou liderando o venres nas dúas pasadas ao treito espectáculo de San Lázaro, pero xa no primeiro tramo do sábado Víctor Senra subiu ao primeiro posto da clasificación, que xa non abandonaría até o final da proba.[26] Marcou o mellor tempo en seis dos nove treitos do sábado para rematar con máis de 35 segundos de vantaxe sobre Caamaño, segundo, e case dous minutos sobre o terceiro, o portugués Ricardo Costa.[27] Alberto Meira tivo que retirarse por problemas co embrague. Foi a sétima vitoria de Senra neste rally (a cuarta da tempada) e quedou a un paso do seu terceiro título autonómico, ao dobrar en puntos ao segundo.[26]
Entre o 20 e o 21 de setembro celebrouse a oitava edición do Rally Ribeira Sacra, que esta vez incluíu por primeira vez parte do percorrido pola provincia de Lugo, concretamente por Sober, ademais dos habituais concellos de Ourense e Nogueira de Ramuín.[28] Inscribíronse 143 equipos, dos que finalmente foron autorizados a tomar a saída 136.[29] Víctor Senra chegou a este rally con opcións de proclamarse por terceira vez campión de Galicia de Rally bastándolle cun cuarto posto para logralo.[30]
Foi o propio piloto de Dumbría quen marcou o mellor tempo no primeiro treito, mentres que se repartiu con Alberto Meira os seguintes, chegando líder ao último, pero con menos de tres segundos sobre Meira.[30] Con todo, na última pasada do rally, Meira saíuse da pista e Senra alzouse coa vitoria. Iago Caamaño, que estaba asentado comodamente na terceira posición, tamén se saíu da estrada no último tramo, polo que finalmente subiron ao podio Jorge Pérez Oliveira (2º) e Luis Vilariño (3º).[31] Deste xeito Víctor Senra gañou por segunda vez o Rally Ribeira Sacra e proclamouse por terceira vez campión de Galicia de rally a falta de dúas probas por disputarse.
Co título autonómico asegurado, Víctor Senra decidiu non participar nas dúas últimas probas do calendario, polo que o interese fixouse na loita polo subcampionato entre Alberto Meira e Iago Caamaño.[32] A penúltima proba do ano foi o Rally San Froilán, a disputar en 8 treitos polos concellos de Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol.[33]
Comezou liderando o rally Alberto Meira ao marcar o mellor tempo en tres dos catro treitos da mañá, en Outeiro de Rei e Friol, con Iago Caamaño gañando o terceiro treito e quedando de segundo nos demais. A diferenza entre os dous era de case cinco segundos e medio ao remate da sesión matinal.[34] Xa no primeiro treito da tarde, en Meira, a vantaxe de Alberto Meira aumentou a 13 segundos, e no seguinte tramo, a máis dun minuto, despois de que Caamaño sufrise problemas mecánicos, que finalmente o fixeron abandonar a proba.[32] Coa nova situación Meira baixou o ritmo para asegurar a vitoria e Adrián Díaz marcou o mellor tempo nos dous treitos finais, subindo finalmente ao podio en segunda posición, por diante de Alberto Otero.[35]
Coa vitoria neste rally Alberto Meira asegurouse a segunda praza do campionato.[36]
A última proba do ano foi o Rally Mariña Lucense, un evento que se estreaba no calendario despois de varios intentos infrutuosos de celebrar un rally na Mariña de Lugo.[37] O parque pechado situouse en Viveiro[38] e os treitos disputáronse polos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo.[39]
Iago Caamaño inscribiuse cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal, en vez de co seu Ford Fiesta R5 co que competira toda a tempada.[40] Foi el mesmo quen comezou á fronte da xeral tras marcar o mellor tempo no primeiro treito, no Vicedo, pero perdeu a posición rapidamente a favor de Alberto Meira que se fixo co mellor tempo nos tres treitos seguintes.[41] Con todo, no quinto treito, correspondente á segunda pasada por Cervo, foi Caamaño o máis rápido, ao igual que en todos os restantes treitos do rally, polo que foi el o piloto que estreou o palmarés do rally lucense. Segundo finalizou Meira e en terceira posición Óscar Veiga, que aproveitou o abandono de Adrián Díaz.[42][43]
A tempada rematou con Víctor Senra como claro vencedor con 1.682 puntos, segundo a máis de 400 puntos de distancia Alberto Meira (1.264) e terceiro Iago Caamaño con 1.041 puntos.
Pos.
|
Piloto
|
1
RDC
|
2
NOI
|
3
RBX
|
4
NAR
|
5
SDC
|
6
BOT
|
7
RBS
|
8
SFR
|
9
MAL
|
Pts
|
1.
|
Víctor Senra
|
2
|
1
|
1
|
3
|
1
|
1
|
1
|
|
|
1682
|
2.
|
Alberto Meira
|
4
|
Ret
|
2
|
2
|
3
|
Ret
|
Ret
|
1
|
2
|
1264
|
3.
|
Iago Caamaño
|
3
|
Ret
|
4
|
1
|
Ret
|
2
|
Ret
|
Ret
|
1
|
1041
|
4.
|
Jorge Pérez Oliveira
|
10
|
8
|
11
|
7
|
6
|
5
|
2
|
Ret
|
Ret
|
740
|
5.
|
Celestino Iglesias
|
7
|
Ret
|
12
|
5
|
7
|
4
|
4
|
6
|
6
|
725
|
6.
|
Francisco Dorado Vizcaino
|
12
|
9
|
14
|
10
|
8
|
|
7
|
4
|
|
691
|
7.
|
Ricardo Estévez Cortizo
|
71
|
85
|
80
|
75
|
|
65
|
84
|
59
|
37
|
339
|
8.
|
Jorge Cagiao Sueiras
|
Ret
|
3
|
9
|
4
|
4
|
Ret
|
Ret
|
|
|
497
|
9.
|
Antonio Fernández Valcarcel
|
6
|
7
|
13
|
6
|
|
6
|
4
|
Ret
|
|
496
|
10.
|
David Rivas Fuentes
|
Ret
|
Ret
|
56
|
15
|
11
|
Ret
|
9
|
8
|
4
|
479
|
11.
|
Diego Vila Fernández
|
Ret
|
19
|
21
|
Ret
|
16
|
22
|
14
|
13
|
11
|
419
|
12.
|
Joaquín Pérez Rey
|
|
21
|
17
|
19
|
19
|
12
|
26
|
Ret
|
10
|
402
|
13.
|
Rubén López López
|
20
|
17
|
18
|
20
|
Ret
|
19
|
19
|
48
|
19
|
400
|
14.
|
Gabriel Rodríguez Gándara
|
68
|
|
81
|
81
|
|
67
|
68
|
56
|
|
363
|
15.
|
Jose M. Cabezas Padín
|
23
|
20
|
37
|
27
|
20
|
20
|
20
|
15
|
Ret
|
333
|
16.
|
Celestino Iglesias Duarte
|
Ret
|
Ret
|
22
|
Ret
|
12
|
9
|
8
|
Ret
|
|
319
|
17.
|
Raúl Martínez Torres
|
|
29
|
42
|
22
|
13
|
15
|
21
|
11
|
Ret
|
311
|
18.
|
Luis Vilariño García
|
Ret
|
Ret
|
7
|
Ret
|
Ret
|
Ret
|
3
|
Ret
|
|
241
|
19.
|
Juan C. Simaes Iglesias
|
Ret
|
88
|
Ret
|
68
|
60
|
Ret
|
|
|
|
223
|
20.
|
Rubén Puime Pérez
|
35
|
26
|
35
|
49
|
23
|
23
|
17
|
30
|
|
184
|
21.
|
Jorge Garnelo Fernández
|
25
|
16
|
28
|
Ret
|
Ret
|
38
|
Ret
|
|
|
154
|
22.
|
Pedro Reija Díaz
|
59
|
52
|
|
|
Ret
|
Ret
|
|
32
|
40
|
143
|
23.
|
Miguel A. Caeiro Villar
|
31
|
35
|
47
|
30
|
27
|
24
|
32
|
21
|
Ret
|
136
|
24.
|
Sergio Otero Rodríguez
|
|
Ret
|
Ret
|
|
15
|
Ret
|
Ret
|
14
|
|
112
|
25.
|
Carlos Lariño Rios
|
Ret
|
|
87
|
Ret
|
|
71
|
Ret
|
Ret
|
|
105
|
26.
|
Pablo Blanco Alonso
|
Ret
|
Ret
|
44
|
38
|
32
|
Ret
|
28
|
26
|
13
|
102
|
27.
|
Pablo Gómez Gómez
|
33
|
28
|
Ret
|
28
|
|
EXC
|
25
|
19
|
|
101
|
28.
|
Diego González Castro
|
34
|
Ret
|
59
|
39
|
34
|
37
|
37
|
29
|
20
|
52
|
29.
|
Javier Pérez Lozano
|
Ret
|
82
|
67
|
51
|
Ret
|
|
58
|
|
|
32
|
30.
|
Marcos Díaz Dias
|
60
|
49
|
|
|
24
|
14
|
15
|
Ret
|
|
28
|
31.
|
Javier Eiras Mariño
|
Ret
|
61
|
46
|
|
Ret
|
35
|
|
39
|
Ret
|
0
|
32.
|
José M. Busto Pardo
|
54
|
Ret
|
|
|
61
|
63
|
Ret
|
Ret
|
|
0
|
33.
|
Juan G. Fernández García de la Rocha
|
74
|
99
|
84
|
72
|
Ret
|
66
|
|
|
|
0
|
34.
|
Mario Rios Sánchez
|
42
|
Ret
|
61
|
66
|
|
44
|
|
35
|
|
0
|
35.
|
Manuel Cabado Chorén
|
|
67
|
70
|
59
|
|
60
|
55
|
46
|
|
0
|
Non clasificados
|
|
Ricardo Costa
|
5
|
2
|
3
|
|
Ret
|
3
|
|
|
|
660
|
|
Manuel Fernández Estévez
|
|
|
5
|
|
2
|
|
48
|
|
|
360
|
|
Iván Ares
|
1
|
|
|
|
|
|
|
|
|
245
|
|
Adrián Díaz Pérez
|
|
|
|
|
|
|
|
2
|
Ret
|
232
|
|
Óscar Veiga Bello
|
|
|
|
|
|
|
|
9
|
3
|
209
|
|
Alberto Otero
|
|
Ret
|
|
|
|
|
|
3
|
|
184
|
Pos.
|
Escuadra
|
Pts
|
1.
|
Galicia Motor Sport
|
908
|
2.
|
Yacar Racing
|
864
|
3.
|
Recalvi Team
|
807
|
4.
|
Miño-Lugo
|
773
|
5.
|
Lalin-Deza
|
757
|
6.
|
Dona Urraca
|
568
|
7.
|
RVS Motor Sport
|
533
|
8.
|
PTC Escuela
|
439
|
9.
|
Pontevedra 1984 Team
|
421
|
10.
|
Desguaces Tino Racing
|
360
|
Pos.
|
Copiloto
|
Pts
|
1.
|
David Vázquez Liste
|
1388
|
2.
|
José Murado González
|
1264
|
3.
|
Alberto Rodríguez González
|
1041
|
4.
|
Roi Torrente Pérez
|
691
|
5.
|
Jorge Iglesias Cores
|
627
|
6.
|
Avelino Martínez López
|
586
|
7.
|
José A. Pintor Bouza
|
511
|
8.
|
Amealia Blanco García
|
497
|
9.
|
Alejandro López Fernández
|
482
|
10.
|
Óscar Otero Blanco
|
431
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Celestino Iglesias Duarte
|
912
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Francisco Dorado Vizcaíno
|
1533
|
2.
|
Rubén López López
|
1114
|
3.
|
David Rivas Fuentes
|
941
|
4.
|
Sergio Otero Rodríguez
|
304
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Diego Vila
|
1284
|
2.
|
Joaquín Pérez Rey
|
1214
|
3.
|
José M. Cabezas Padín
|
895
|
4.
|
Rubén Puime Pérez
|
469
|
5.
|
Jorge Garnelo Fernández
|
425
|
6.
|
Miguel A. Caeiro Villar
|
318
|
7.
|
Pablo Blanco Alonso
|
262
|
8.
|
Diego González Castro
|
119
|
9.
|
Javier Eiras Mariño
|
0
|
10.
|
Manuel Cabado Chorén
|
0
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Ricardo Estévez Cortizo
|
1608
|
2.
|
Gabriel Rodríguez Gándara
|
1165
|
3.
|
Juan C. Simaes Iglesias
|
763
|
4.
|
Carlos Lariño Rios
|
285
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Celestino Iglesias Cores
|
1454
|
2.
|
Jorge Pérez Oliveira
|
1148
|
3.
|
Antonio Fernández Valcárcel
|
944
|
4.
|
Pablo Gómez Gómez
|
576
|
5.
|
Mario Rios Sánchez
|
388
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Francisco Dorado Vizcaino
|
1275
|
2.
|
David Rivas Fuentes
|
918
|
3.
|
Raúl Martínez Torres
|
832
|
4.
|
Celestino Iglesias Duarte
|
654
|
5.
|
Miguel A. Caeiro Villar
|
637
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Diego Vila Fernández
|
1490
|
2.
|
José M. Cabezas Padín
|
1468
|
3.
|
Rubén Puime Pérez
|
1131
|
4.
|
Diego González Castro
|
958
|
5.
|
Pablo Blanco Alonso
|
901
|
6.
|
Jorge Garnelo Fernández
|
683
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Rubén López López
|
1456
|
2.
|
Joaquín Pérez Rey
|
1450
|
3.
|
Sergio Otero Rodríguez
|
480
|
4.
|
Javier Eiras Mariño
|
234
|
5.
|
Javier Pérez Lozano
|
234
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Ricardo Estévez Cortizo
|
1177
|
2.
|
Gabriel Rodríguez Gándara
|
1163
|
3.
|
Antonio Solórzano Pintado
|
613
|
4.
|
Carlos Lariño Rios
|
286
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Pablo Gómez Gómez
|
1110
|
Pos.
|
Piloto
|
Pts
|
1.
|
Miguel A. Caeiro Villar
|
1555
|
2.
|
Manuel Cabado Chorén
|
1076
|
- ↑ "Temporada 2019". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "REGULAMENTO XERAL DO CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES EN ASFALTO 2019" (PDF). Federación Gallega de Automovilismo. Consultado o 17 de julio de 2019.
- ↑ "REGULAMENTO XERAL DO CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES EN ASFALTO 2019" (PDF). Federación Gallega de Automovilismo. Consultado o 17 de julio de 2019.
- ↑ "23º Rally de A Coruña 2019" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Iván Ares prolonga su dominio en el rali de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Iván Ares y José Pintor se imponen en el 23º Rally de A Coruña 2019" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Clasificación final Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Víctor Senra gana un duro XXXV Rali de Noia" (en castelán). 6 de abril de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "Victor Senra consigue el triunfo en el Rali de Noia y lidera la clasificación en el campeonato gallego" (en castelán). 7 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "Mapa do percorrido" (PDF). rallyeriasbaixas.com. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Lista de inscritos Rías Baixas" (PDF). TemposFGA. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ "Hachazo de Ricardo Costa y tropiezo de Víctor Senra en el inicio del rali Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación venres" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación 3º tramo" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Víctor Senra gana el Rallye Rías Baixas con permiso de Alberto Meira" (en castelán). 18 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Senra se lleva el Rías Baixas". La Región (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020.
- ↑ 17,0 17,1 "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación sección 2 Narón" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ "De 40 km a 100, del Citroën Visa 1.000 Pistas al Ford Fiesta R5, de la tierra al asfalto…" (en castelán). 27 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ 20,0 20,1 "Víctor Senra gana el rali Sur do Condado en un final épico". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "Senra se proclama conde" (en castelán). 14 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación 3ª sección Sur do Condado" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación 9º treito Sur do Condado" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación final Sur do Condado 2019" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "Senra, Meira y Caamaño, favoritos en el Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ 26,0 26,1 "Víctor Senra gana el Rali Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación final Botafumeiro 2019" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ "[Guía] Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye Ribeira Sacra 2019". Pé Á Chapa Racing (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ "Autorizados a tomar a saída Ribeira Sacra" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ 30,0 30,1 "Víctor Senra gana su tercer campeonato gallego de ralis consecutivo" (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ "Victoria y título para Víctor Senra en el Rally Ribeira Sacra". La Región (en castelán). 21 de setembro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020.
- ↑ 32,0 32,1 "Alberto Meira domina en el Rallye San Froilán". El Progreso (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "41º Rally San Froilán 2019". GZRally (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Clasificación matinal San Froilán" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Alberto Meira, vencedor del Rali de San Froilán" (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Alberto Meira se impone en el San Froilán y zanja a su favor el subcampeonato" (en castelán). 29 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "El calendario gallego, un galimatías de fechas". La Región (en castelán). 27 de setembro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "El primer Rally da Mariña cerrará este fin de semana el campeonato gallego". El Progreso (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "1º Rally Mariña Lucense 2019". 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño con un Polo R5 en el Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Victoria para Iago Caamaño en el I Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada". El Progreso (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño leva o primeiro Rally Mariña Lucense". 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.