Saltar ao contido

Ramón Cabirta Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Cabirta Otero
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1898 Editar o valor en Wikidata
Vilaboa, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7421

Ramón Cabirta Otero, nado en Vilaboa o 29 de agosto de 1898,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1920.[2] Foi mestre interino en Orazo (1923),[3] e despois do pósito de Vilagarcía de Arousa. Aprobou as oposicións en 1926.[4] Foi destinado a Vilarxoán, foi mestre de Angoares (1928),[5] e dende 1930 do pósito de Moaña. Ingresou na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (UGT) en xuño de 1932,[6] e foi socio fundador da Casa del Maestro de Pontevedra en 1934;[7] estaba afiliado ao Partido Galeguista.[8] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Moaña ás agachadas para non comprometer a súa vida. Suspendido de emprego e soldo. Foi detido en Arcade pola Garda Civil de Moaña en decembro de 1936 acusado de ter unha pistola.[9] Resolto o seu expediente de depuración foi reposto con perda dos haberes de seis meses e traslado dentro da provincia en novembro de 1937.[10] Foi trasladado ao pósito do Grove, e foi secretario da confraría do Grove. Dende finais da década de 1950 foi mestre no Picacho (Vigo).

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 84. 
  2. El Noticiero Gallego, 4-6-1920, p. 2.
  3. El Noticiero Gallego, 25-10-1923, p. 2.
  4. El Ideal Gallego, 25-5-1926, p. 2.
  5. El Eco de Santiago, 15-3-1928, p. 2.
  6. El Pueblo Gallego, 18-6-1932, p. 6.
  7. El Pueblo Gallego, 3-6-1934, p. 8.
  8. O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. I). ("3.4. Socioloxía do P.G.")
  9. El Pueblo Gallego, 8-12-1936, p. 10.
  10. El Noticiero Gallego, 11-11-1937, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]