Ramón Ferreiro Lago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1872 Mondoñedo, España |
Morte | 25 de xullo de 1962 (90 anos) O Carballiño, España |
Actividade | |
Ocupación | notario, escritor, xornalista |
Ramón Ferreiro Lago, nado en Mondoñedo o 20 de xaneiro de 1872 e finado no Carballiño o 25 de xullo de 1962, foi un avogado, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jesús Ferreiro Hermida e Pascuala de Lago Baamonde Montenegro Pérez Villarmea. Estudou dereito. Fundou en Valladolid a Revista Notarial de Castilla la Vieja (1898). Ingresou por oposición no notariado en 1907. Foi notario en Ledesma (1912), Belchite (1915), Cerdedo (1916), Rábade (1918)[1] e Vilalba (1924), onde fundou a Unión Ciudadana Anticaciquil da que foi secretario.[2] En 1925 pasou a ser notario de Lodosa (Navarra) e ao ano seguinte do Carballiño.
No Carballiño dirixiu os periódicos Hermandad (1928), Vanguardia Republicana (1931) e La Tribuna Forense Gallega. Colaborou en Faro Villalbés. Foi membro do Partido Republicano Gallego e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente no Carballiño.[3] En novembro de 1934 pasou a desempeñar a notaría de Carballo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu proceso foi sobresido. Foi novamente xulgado na Coruña en 1939 por inxurias ao xefe do Estado, acusado de insultar a Franco durante unha representación teatral, e novamente sobresido. No franquismo foi notario na Estrada (1940) e Sueca, onde se xubilou en 1947.
Finou no Carballiño o 25 de xullo de 1962.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Código civil. Cuestiones selectas, 1897.
- Condición juridica de la mujer. Estudio filosófico, historico y del código civil, 1902.
- El gobierno de Sancho. Estudio filosófico-crítico (con José María de Mariscal y Luis), 1905.
- Los nuevos horizontes del Derecho civil y el provenir de la institución notarial, 1917.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Era cabaleiro da Orde de Afonso XII e comendador da Orde de Sabela a Católica.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción Rodríguez Meyre en 1906.[5] Foi tío de Fernando, Ramón Ferreiro Rodríguez e de Julio García-Gabilán Ferreiro.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 13-6-1918, p. 2.
- ↑ El Regional, 14-1-1926, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-6-1934, p. 10.
- ↑ ABC, 28-7-1962, p. 37.
- ↑ El Eco de Santiago, 4-9-1906, p. 1.
- ↑ Yebra de Ares, A. B. (2005). Pazos y señoríos de la provincia de Lugo III.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo "Ferreiro Lago, Ramón" da Gran Enciclopedia Galega.
- Fernández, Miguel Anxo (1992). O Carballiño. Vellas historias vellas fotografías. 1870-1970. O Carballiño: XOCIVIGA. p. 15.