Ramón García-Malvar Mariño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 ![]() Noia, España ![]() |
Morte | 24 de outubro de 2014 ![]() Noia, España ![]() |
Lugar de sepultura | Noia ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xurista ![]() |
Familia | |
Pai | Ramón García Malvar ![]() |
Premios | |
| |
![]() |
Ramón García-Malvar Mariño, nado en Noia en 1932 e finado no mesmo concello o 24 de outubro de 2014,[1] foi un xurista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón García Malvar. Estudou o bacharelato cos xesuítas en Vigo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse á carreira fiscal en 1959. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Valencia, e despois da de Xirona. En 1977 marchou á Audiencia de Ourense como fiscal xefe. O 31 de xullo de 1992 foi nomeado fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se retirou en 2004. Foi sancionado en 2003 con catro meses de suspensión pola suposta demora intencionada na tramitación dunha causa. A súa xestión foi criticada por PSOE e BNG, que o acusaron de actuar como parapeto xudicial da Xunta e do PP[2].
Bibliófilo, tiña unha importante biblioteca relacionada con Galicia e especialmente cos estudos históricos sobre Noia.
Predecesor: Antonio Couceiro Tovar |
Fiscal Superior de Galicia 1992-2004 |
Sucesor: Carlos Varela García |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Concedéronlle a Cruz da orde de San Raimundo de Peñafort de primeira clase en 1985 e en 1996 a Cruz de Honra.
- Foi nomeado fillo predilecto de Noia en febreiro de 1999.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A.G. (25 de outubro de 2014). "Falleció Ramón García-Malvar, ex fiscal jefe del Tribunal Superior de Xustiza". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Malvar e Jiménez de Parga: polémicos antecesores". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 06 de decembro de 2014.