Saltar ao contido

Ramón García Sampayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón García Sampayo
Biografía
Nacemento17 de abril de 1900 Editar o valor en Wikidata
Cervaña, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Ponte Sampaio, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Meis
1944 –
Alcalde de Meis
1936 – 1938
← José Manuel Arribas Hermida Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel García Sampayo
Rafael García Sampayo Editar o valor en Wikidata

Ramón García Sampayo, coñecido como Ramón de Portarís ou Ramón de Landín, nado en Cervaña (Silleda) o 17 de abril de 1900 e finado en Ponte Sampaio (Pontevedra) o 12 de febreiro de 1991, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel García Moreiras e irmán de Manuel García Sampayo. A familia trasladouse a Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia. Militante de Falange, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado de Orde Pública e presidente da Xestora municipal do Concello de Meis a finais de xullo.[1] Permaneceu no cargo até 1938. Na segunda corporación franquista presidida por Manuel Chao Cousido foi segundo tenente alcalde. O 21 de febreiro de 1940 foi nomeado concelleiro, contiuando no posto coa seguinte corporación nomeada o 2 de decembro dese ano. Volveu ser nomeado alcalde de Meis en 1944.


Predecesor:
José Manuel Arribas Hermida
 
Alcalde de Meis
 
1936 - 1938
Sucesor:
Manuel Chao Cousido
Predecesor:
José Trigo Díaz
 
Alcalde de Meis
 
1944 - ?
Sucesor:
Francisco Chantada Aboal

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Evangelina Sabarís, e foi pai de Salustiano, Martín, Ramón, Manuel, Celia e Carmen García Sabarís.

  1. La Voz de Galicia, 2-8-1936, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. p. 175. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]