Manuel García Sampayo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Cervaña, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Ribadumia | |
1940 – | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | Ramón García Sampayo Rafael García Sampayo |
Manuel García Sampayo, coñecido como Manuel de Portarís, nado en Cervaña (Silleda), foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel García Moreira, un zapateiro de Cervaña que mercou unha antiga granxa de frades en Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia, onde se trasladou a familia a principios do século XX. Criador de porcos, na República participou nas accións de mellora da actividade agrícola promovidas por Cruz Gallástegui desde a Misión Biolóxica de Galicia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse na Garda Cívica da zona. O seu irmán Ramón García Sampayo foi nomeado alcalde de Meis en agosto de 1936. Coñecido represor, era xefe da escuadra de Ribadumia das Milicias de FET y de las JONS. Estivo implicado no asasinato de Ramón Barreiro Rodríguez e Castor Cordal Garrido o 15 de setembro de 1936. Foi detido pola Garda Civil o 13 de xuño de 1937 seguindo ordes do xuíz de Cambados, ao día seguinte detiveron a Adolfo Martínez Ríos, ambos acusados do asasinato de Daniel Varela Muñiz.[1] Militantes recoñecidos de Falange, foron expulsados o 17 de xuño por “indeseables e indignos de vestir la camisa azul”. Ao ser os dous inculpados falanxistas e estar militarizados, o xulgado inhibiuse e a causa pasou á autoridade militar. Ante os testemuños contraditorios, o auditor de guerra decretou o sobresemento provisional e os detidos saíron en liberdade o 12 de novembro de 1938. Foi alcalde de Ribadumia en 1940. O seu irmán Rafael García Sampayo foi nomeado alcalde de Ribadumia en 1943. Foi inspector de cinematografía e teatro do Ministerio de Información e Turismo en Ribadumia até 1954.[2]
Predecesor: ? |
Alcalde de Ribadumia 1940 - ? |
Sucesor: ? |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sánchez Arins, Susana (2015). Seique. Santiago de Compostela: Através. ISBN 978-84-87305-33-7.