Saltar ao contido

Ramón Iglesia Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Iglesia Parga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1905 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1948 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Madison, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria do cristianismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquiveiro, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCentro de Estudios Históricos (pt) Traducir
Universidade de Illinois
Universidade de California, Berkeley
Universidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeRaquel Lesteiro López Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Fernanda Iglesia Lesteiro Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1011028 BUSC: iglesia-parga-ramon-1905-1948 Dialnet: 539093

Ramón Iglesia Parga, nado en Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1905 e finado en Madison (Wisconsin) o 5 de maio de 1948, foi un bibliotecario, arquiveiro e historiador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central, onde se iniciou na investigación histórica. Viaxou polo norte de Europa e foi lector de español en Gotemburgo (Suecia) en 1928. Ingresou no Centro de Estudios Históricos de Madrid e en 1931 no Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos, sendo destínano á Sección de Libros estranxeiros polo seu coñecemento de idiomas. En 1933 substituíu a Agustín Millares Carlo como director da Comisión de Biblioteca do Ateneo de Madrid, sendo ademais Arquiveiro-bibliotecario da Biblioteca Nacional. Pertenceu ás Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista en 1931, pero afiliouse ao Partido Comunista moito antes da Guerra Civil, na que foi comandante nas Brigadas Internacionais e axudante do xeneral Lukács.

Trala derrota, marchou a Suecia e despois embarcou o 23 de maio de 1939 rumbo a México onde chegou o 13 de xuño ao porto de Veracruz.[1] Foi profesor no Colexio de México (1940) e en 1942 trasladouse aos Estados Unidos. Alí foi profesor da Universidade de California e bolseiro da Fundación Guggenheim. Foi editor da Historia verdadera de la conquista de la Nueva España de Bernal Díaz del Castillo (1943). En 1944 volveu a México, pero a crise nese país fixo que retornase novamente aos Estados Unidos como profesor invitado da Universidade de Illinois (1946-1947) e despois como profesor asociado da Universidade de Wisconsin (1947-1948). Suicidouse en Madison o 5 de maio de 1948.

  • "Trailer" de cuatro crónicas, 1936.
  • Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés, 1942.
  • El hombre Colón y otros ensayos, 1944.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en xuño de 1928 con Raquel Lesteiro López.[2]

  1. Ficha en Secretaría de Gobernación de México
  2. El Diario de Pontevedra, 28-6-1928, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]