Ramón Lareo López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1918 Anzo, España |
Morte | 10 de marzo de 1984 (65 anos) Lalín, España |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, político |
Ramón Lareo López, coñecido como Roque, nado en Anzo (Lalín) o 17 de novembro de 1918 e finado en Lalín o 10 de marzo de 1984,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mobilizado no exército franquista na guerra civil. Empresario no sector gandeiro e na construción. Foi elixido parlamentario autonómico en 1981 pola UCD. Pasou ao Grupo Mixto como independente o 9 de setembro de 1983. Causou baixa por falecemento en marzo de 1984.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Asunción García Carrera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-3-1984, p. 17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 215–217. ISBN 84-7507-044-2.