Ramón Perejón Pardo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 ![]() |
![]() | |
1931 – 1936 – Serafín Carballo Aguiar → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro industrial, político ![]() |
Ramón Perejón Pardo, nado cara a 1889, foi un enxeñeiro industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Perejón Ron e Concepción Pardo Sanmartiño donos do pazo de Mondriz. Fixo a carreira de enxeñería industrial. Na Segunda República foi elixido alcalde de Castro de Rei. Foi nomeado para a Xefatura de Industria de Ourense en decembro de 1935.[1] Foi enxeñeiro xefe de Industria de Lugo até 1956 en que foi nomeado para o Consello Superior de Industria en Madrid.[2] Foi nomeado enxeñeiro xefe de primeira clase do Corpo de Enxeñeieros Industriais en 1958.[3] Xubilouse en 1962.
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Castro de Rei 1931 - 1936 |
Sucesor: Serafín Carballo Aguiar |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Irmán de Joaquín Perejón Pardo. Casou con Pilar Bermejo Puente.