Saltar ao contido

Serafín Carballo Aguiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSerafín Carballo Aguiar
Biografía
Nacementoc. 1866 Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xullo de 1942 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Santa Locaia, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Castro de Rei
marzo de 1936 – maio de 1936
← Ramón Perejón PardoSeverino Rivas Barja → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Serafín Carballo Aguiar, nado cara a 1866 e finado en Santa Locaia (Castro de Rei) o 12 de xullo de 1942, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi secretario do Xulgado municipal de Castro de Rei e despois xuíz municipal. Foi presidente do Sindicato Agrícola de Castro de Rei en 1922.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi subcabo do Somatén.[2] Na Segunda República integrouse no Partido de Centro de Portela Valladares e logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado polo gobernador civil presidente da comisión xestora de Castro de Rei en marzo de 1936.[3] Ao pouco tempo o gobernador nomeou unha nova xestora que elixiu presidente a Severino Rivas Barja a principios de maio. Finou en Santa Locaia o 12 de xullo de 1942 aos 76 anos.[4]


Predecesor:
Ramón Perejón Pardo
 
Alcalde de Castro de Rei
 
1936
Sucesor:
Severino Rivas Barja

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Rivas López e foi pai de Inés Carballo Rivas.

  1. La Voz de la Verdad, 11-10-1922, p. 2.
  2. La Provincia, 24-11-1928, p. 3.
  3. Alborada, 26-3-1936, p. 10.
  4. El Progreso, 14-7-1942, p. 3.