Ramón Rodríguez Somoza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 ![]() Vilanova, España ![]() |
Morte | 22 de outubro de 1994 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | neuropsiquiatra ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() |
Ramón Rodríguez-Somoza López, nado en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) en 1899 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1994[1], foi un reputado médico neuropsiquiatra galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Ram%C3%B3n_Villar_Ponte%2C_Fern%C3%A1ndez_del_Riego%2C_Ant%C3%B3n_Villar_Ponte%2C_Pl%C3%A1cido_Castro%2C_Otero_Pedrayo%2C_Rodr%C3%ADguez_Somoza%2C_Manuel_Beiras%2C_Manuel_Lugr%C3%ADs%2C_Castelao%2C_Su%C3%A1rez_Picallo%2C_Carlos_Maside%2C_Alexandre_B%C3%B3veda.jpg/300px-thumbnail.jpg)
Estudou Medicina a Madrid. Realizou traballos no Instituto de Investigacións Biolóxicas dende 1924. A súa tese de doutoramento La histopatología de la parálisis agitante cerebral foi dirixida por Santiago Ramón y Cajal. En Madrid formou parte dun grupo chamado Celta ("Mocedade Céltiga"). Optou pola psiquiatría e en 1926 a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de case catro anos para ir a Alemaña a ampliar coñecementos en Neuroanatomía patolóxica e Histopatoloxía psiquiátrica. Á volta traballou en Madrid con Rodríguez Lafora. Despois marchou a Compostela, onde dirixiu o Sanatorio de Conxo dende 1932. Dirixiu este centro ata a súa xubilación en 1969. Socio do Seminario de Estudos Galegos, mantivo amizade cos líderes do Partido Galeguista Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo e Alexandre Bóveda, e con Francisco Fernández del Riego. Foi un dos profesionais e intelectuais asinantes do manifesto a prol do Estatuto, en febreiro de 1933.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-10-1994, p. 82.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Gurriarán, Ricardo. "Ramón Rodríguez Somoza". Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
- Simón-Lorda, David (2011). "Algunas cosas nuevas -y viejas- sobre la historia del Manicomio de Conxo-Santiago de Compostela (en el 125 aniversario de su apertura) " diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com (en castelán)