Ramón Varela Montoto
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ramón Varela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVIII ![]() Santiso, España ![]() |
Morte | 1858 ![]() Lalín, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Ramón Antonio Varela Vaamonde Montoto Gil, nado en Santiso (Lalín) a finais do século XVIII e finado en 1858, foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fidalgo. Fillo de Agustín Varela Vaamonde España Figueroa Luna e María Juana Montoto Gil. Foi alcalde maior de Deza durante a guerra de Independencia e anos posteriores. En 1822 participou coa facción “Voluntarios Realistas de Deza”, defensores da fe, na segunda fase da contrarrevolución realista contra o Trienio liberal. Leandro Carré menciona o seu nome entre os autores da primeira metade do século XX. Cara a 1821 escribiu o relato en verso Farruco o pleiteante, que non chegou a publicar pero que acadou gran popularidade.
Obras
[editar | editar a fonte]- Conversa entre os arrieiros Cosme da Gouxa, Marcos Rielo e Roque Arán.
- O litigante labrador.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Fernández, José Ramón (2020). "Ramón Varela, o vate de Santiso" (PDF). Descubrindo (13): 85–118.
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Edicións Fervenza. p. 104. ISBN 978-84-96368-00-2.