Ramón de la Fuente Galván
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1929 Xinzo de Limia, España |
Morte | 31 de outubro de 2021 (91/92 anos) Xinzo de Limia, España |
Alcalde de Xinzo de Limia | |
1998 – 1999 ← Isaac Vila – Gonzalo Iglesias Sueiro → | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Ramón de la Fuente Galván, nado en Xinzo de Limia en 1929 e finado na mesma cidade o 31 de outubro de 2021, foi un médico, directivo deportivo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico nos Blancos[1], foi elixido concelleiro en Xinzo de Limia en 1971[2] durante o franquismo, posto que mantivo ata as primeiras eleccións municipais democráticas, onde foi escollido tamén, pero nas listas de Alianza Popular. Despois de abandonar temporalmente a política en 1983, regresou como candidato nas listas do Partido Popular nos comicios de 1991, e revalidou o cargo en 1995.
A finais de 1997 foi inhabilitado o alcalde da vila, Isaac Vila, e De la Fuente foi elixido alcalde en xaneiro de 1998 co apoio do PSdeG-PSOE e do BNG, e en contra do que opinaba o seu propio partido[3]. En 1999, ao ano seguinte, abandonou a alcaldía.
Foi presidente do club de fútbol local, o Antela FC, e tamén do Casino de Xinzo.
Predecesor: Isaac Vila |
Alcalde de Xinzo de Limia 1998 - 1999 |
Sucesor: Gonzalo Iglesias Sueiro |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou, enviuvou e tivo fillos. Unha filla morreulle en accidente de coche[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ De la Fuente, S. (2013-04-10). "Tributo a la "medicina olvidada"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-11-01.
- ↑ Palomanes, Paula (2021-10-31). "Fallece Ramón de la Fuente, médico, político y exalcalde de Xinzo". La Región (en castelán). Consultado o 2021-11-01.
- ↑ "Ramón de la Fuente, nuevo alcalde de Xinzo". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-01-21. Consultado o 2021-11-01.
- ↑ Sueiro, Gonzalo (2021-10-31). "Obituario. Ha muerto un caballero". La Región (en castelán). Consultado o 2021-11-01.