Saltar ao contido

Isaac Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsaac Vila
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Xinzo de Limia, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Xinzo de Limia
2003 – 2010 (dimisión)
← José Antonio Feijoo AlonsoAntonio Pérez Rodríguez →
Alcalde de Xinzo de Limia
1979 – 1997 – Ramón de la Fuente Galván →
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Isaac Vila Rodríguez, nado en Xinzo de Limia o 4 de xuño de 1936, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión, empresario, director de banca e xefe de zona. Foi elixido alcalde de Xinzo de Limia nas primeiras eleccións democráticas tras lograla maioría simple á fronte da UCD. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta. Foi reelixido nas municipais de 1987 á fronte da coalición de Alianza Popular e Centristas de Galicia, novamente cunha ampla maioría absoluta. En 1989 resultou elixido senador por Ourense para a V Lexislatura (1989-1993), nas listas da coalición do PPdeG e Centristas de Galicia. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Conerxencia Centrista e foi reelixido con maioría simple. En decembro de 1991 pasou a formar parte do PPdeG trala integración neste do seu partido Centristas de Galicia. Nas eleccións municipais de 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta á fronte do PPdeG. Nesa lexislatura foi condenado e inhabilitado pola Xustiza para o desempeño de cargo público, polo que renunciou á alcaldía en decembro de 1997 e foi substituído na alcaldía por Ramón de la Fuente Galván. Durante o seu período na alcaldía foi chegou a ser deputado e vicepresidente da Deputación de Ourense. Tras cumprila condena, nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser senador dende 2004 ata 2008. Nas municipais de 2007 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En marzo de 2010 volveu ser senador en substitución dunha compañeira. O 11 de outubro de 2010 dimitiu como alcalde de Xinzo ante o pleno municipal e resultou elixido como novo alcalde o seu compañeiro Antonio Pérez Rodríguez.


Predecesor:
José Rodríguez Pérez
 
Alcalde de Xinzo de Limia
 
1979 - 1997
Sucesor:
Ramón de la Fuente Galván
Predecesor:
José Antonio Feijoo Alonso
 
Alcalde de Xinzo de Limia
 
2003 - 2010
Sucesor:
Antonio Pérez Rodríguez

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]