Luis Milia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1948 (76 anos) Xunqueira de Ambía, España |
Alcalde de Carballeda de Avia | |
2001 – ← Ernesto Martínez Fernández | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Carballeda de Avia |
Ocupación | político, farmacéutico |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Luís Milia Méndez, nado en Xunqueira de Ambía o 21 de xuño de 1948, é un político e farmacéutico galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É farmacéutico en Carballeda de Avia. Militante do PSdeG-PSOE e membro de Unións Agrarias. Foi secretario comarcal do PSdeG no Ribeiro (1985-1988), responsable comarcal e provincial de Unións Agrarias e Presidente do Consello Regulador do Ribeiro (1990-1992). Foi senador por Ourense na V lexislatura (1993-1996).
Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Carballeda de Avia nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro. Repetiu candidatura nas municipais de 1991, 1995 e 1999 e foi mellorando progresivamente os seus resultados, quedando a tan só un concelleiro de gañar na última ocasión. A marcha de 2 concelleiros do equipo de goberno do PPdeG a finais de 2000, conduciu a unha moción de censura en marzo de 2001 que desaloxou ao alcalde Ernesto Martínez Fernández e que lle outorgou a alcaldía do concello grazas ao apoio dunha concelleira expopular[1]. En virtude do Pacto de Antitransfuguismo abandonou o PSdeG, e fundou a formación independente Veciños Unidos por Carballeda (VUCAR). Nas municipais de 2003 encabezou o VUCAR e revalidou a alcaldía con maioría absoluta.
En novembro de 2006 volveu ó PSdeG[2], á fronte do cal revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 2007. Volveu gañar as municipais de 2011 e 2015 por maioría absoluta encabezando a lista do PSdeG-PSOE. Foi membro da Comisión Executiva da FEGAMP (2015-2019). Revalidou a alcaldía, novamente con maioría absoluta, nas municipais de 2019 e 2023.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O seu irmán era o tamén farmacéutico Tomás Milia, quen morreu asasinado en outubro de 2013. [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La moción de censura de Carballeda busca acabar con veinte años de gobierno del PP". Arquivado dende o orixinal o 29/12/2014. Consultado o 03/12/2011.
- ↑ El PSOE recupera al ex senador Luis Milia y aspira a mantener las villas
- ↑ Matan a puñaladas a un ourensano e incendian su vivienda para borrar pruebas, en el centro de la ciudad Arquivado 06 de outubro de 2013 en Wayback Machine. La Región, 5 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Ernesto Martínez Fernández |
Alcalde de Carballeda de Avia 2001 - actualidade |
Sucesor: no cargo |