Ramen
Ramen ラーメン | |
Ramen | |
Outros nomes | shina soba chūka soba |
Tipo | Sopa Caldo |
Orixe | Xapón[1] |
Gastronomía | Gastronomía do Xapón |
Ingredientes | |
Orixe animal | Carne Peixe[1] |
Orixe vexetal | Fideo Verdura |
Variantes | Shōyu Tonkotsu Miso Shio |
Relacionados | |
Similares | Udon |
O ramen (ラーメン rāmen?) é a versión xaponesa da sopa de fideos chinesa la mian (拉麵).
Basicamente son fideos fervidos en auga, servidos nun prato de sopa, para ser despois cubertos con algunha variedade de Gu (具). Moi distinto ao que se cre, era o prato orixinal chinés, la mian, que se parecía algo máis ao spaghetti e se servía só con mollo. O ramen integrouse con tal forza na gastronomía xaponesa que en Taiwán é considerado un produto netamente xaponés.
Acostúmase consumir en establecementos de comida rápida, en postos ambulantes ou na casa, sendo un dos alimentos máis baratos que se poden atopar.
Os ingredientes máis importantes do ramen son: men (麺) (fideo), sopa e Gu (具).
Fideo
[editar | editar a fonte]O fideo faise basicamente con fariña de trigo, auga, sal e kansui. O kansui é auga que contén altas concentracións de carbonato de potasio, carbonato de sodio e unha lixeira cantidade de ácido fosfórico. É o que lle dá ao ramen a súa característica cor amarela. Por veces utilizase ovo no canto de kansui.
Sopa
[editar | editar a fonte]Aínda cando moitos consideran que o máis importante do ramen é o tipo de fideo, o modo máis doado de diferenciar as variantes é pola sopa na que a pasta se deposita. As máis características descríbense a continuación.
- Shōyu (醤油) (lit: Salsa de soia): Considerado a máis xaponesa. Componse de pito, ao que se lle engade un par de culleradas de espesa salsa de soia no intre de servirse. Tradicionalmente engádeselle despois rayu (ラー油) (extracto de pemento vermello con óleo de sésamo) ao gosto.
- Tonkotsu (豚骨) (lit: ósos de porco): A sopa está principalmente baseada en porco, ten bastante corpo e contido graxo. O caldo xeralmente é de cor branca. Orixinario de norte Kyūshū.
- Miso (味噌): Creado en Sapporo en 1955. Prepárase xeralmente a base de pito, e mestúrase con algunha variedade de miso ao ser servida. En Kanto é común engadirlle unha cullerada de manteiga.
- Shio (塩) (lit: sal) : A máis simple de todas as variedades, e na que se sente a maior influencia chinesa. É moi popular en Hokkaido. A sopa é transparente e o seu sabor é máis directo.
Destas despréndese unha variedade maior, aínda que xeralmente a única diferenza é o que se utiliza como Gu.
Gu (具)
[editar | editar a fonte]En realidade, case calquera cousa pode servir como complemento, e a maioría das veces déixase á discreción do cliente.
As opcións máis comúns son ovos fervidos, menma ou shinachiku (支那竹) (encurtido de tronco de bambú moi novo), nori, wakame, rebadas de porco rostrido yakibuta(焼豚) ou chaashuu (叉焼), negi (cebolín), naruto kamaboko e ultimamente kimuchi e verduras fervidas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 The Collins American English Dictionary (ed.). "Definition of "ramen"". Consultado o 26 de setembro de 2013.