Raquel Welch
(2000) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jo Raquel Tejada 5 de setembro de 1940 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 15 de febreiro de 2023 (82 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | parada cardiorrespiratoria |
Grupo étnico | Bolivianos (pt) |
Educación | Universidade Estatal de San Diego |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación cinematográfica |
Ocupación | actriz de televisión, modelo, escritora, cantante, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1964 - 2017 |
Pseudónimo literario | Raquel Welch |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | André Weinfeld (1980–1990) Patrick Curtis (1967–1972), divorcio |
Fillos | Tahnee Welch () |
Pais | Armando Carlos Tejada Urquizo e Josephine Sarah Hall |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia (en) |
|
Jo Raquel Tejada, coñecida polo alcume artístico de Raquel Welch, nada en Chicago (Illinois) o 5 de setembro de 1940 e finada en Bel Air[1] (Os Ánxeles) o 15 de febreiro de 2023, foi unha actriz estadounidense, sex symbol na década de 1960.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Chicago, filla do enxeñeiro aeronáutico boliviano Armando Carlos Tejada Urquizo (1911–1976) e de Josephine Sarah Hall (1909–2000), filla do arquitecto Emery Stanford Hall. Estudou ballet desde os sete aos dezasete anos, pero deixouno porque o seu mestre dixo que non tiña o corpo axeitado.[2] Tras mudarse coa súa familia a California gañou un concurso de beleza con catorce anos e no instituto gañou tamén o título de Miss Fairest of the Fair na Feira do Condado de San Diego.[3] Graduouse en 1958 e o ano seguinte, tras quedar embarazada, casou co seu mozo James Welch.
Buscando unha carreira como actriz estudou arte dramática e conseguiu papeis en producións teatrais locais. Tamén informou do tempo na canle de televisión de San Diego KFMB-TV. Tras separarse do seu marido marchou a Dallas, Texas, onde traballou de modelo e camareira.
En 1963 volveu aos Ánxeles e coñeceu o produtor e axente Patrick Curtis, co que desenvolveu a idea de convertela en sex symbol. Para evitar a imaxe de latina, decidiron empregar o seu apelido de casada.
Participou en pequenos papeis en series de televisión antes de debutar no cinema e ser contratada para o papel protagonista de Fantastic Voyage, filme de ciencia ficción que a converteu nunha estrela. Ese mesmo ano foi enviada ao Reino Unido polo Fox Studio para protagonizar Hai un millón de anos, na que só levaba posto un bikini feito de pel de cervo. Unha foto publicitaria deste filme converteuse no póster máis vendido e deulle esa imaxe de pin-up girl.
Durante as décadas seguintes seguiu aparecendo en filmes e especialmente na televisión.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- A House Is Not a Home (1964)
- Roustabout (1964)
- A Swingin' Summer (1965)
- Do Not Disturb (1965)
- Sex Quartet (1966)
- The Queens (1966)
- Fantastic Voyage (1966)
- Hai un millón de anos (1966)
- Shoot Loud, Louder... I Don't Understand (1966)
- The Oldest Profession (1967)
- Fathom (1967)
- Bedazzled (1967)
- Bandoleiro (1968)
- The Biggest Bundle of Them All (1968)
- Lady in Cement (1968)
- 100 Rifles (1969)
- Flareup (1969)
- The Magic Christian (1969)
- The Beloved (1970)
- Myra Breckinridge (1970)
- Hannie Caulder (1971)
- Bluebeard (1972)
- Fuzz (1972)
- Kansas City Bomber (1972)
- The Last of Sheila (1973)
- The Three Musketeers (1973)
- The Four Musketeers (1974)
- The Wild Party (1975)
- Mother, Jugs & Speed (1976)
- Crossed Swords (1977)
- Animal (1977)
- Naked Gun 33⅓: The Final Insult (1994)
- Chairman of the Board (1998)
- What I Did for Love (1998)
- Tortilla Soup (2001)
- Unha loura moi legal (2001)
- Forget About It (2006)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pham, Jason (2023-02-16). "How Did Raquel Welch Die? She Was Diagnosed With a ‘Brief Illness’ Right Before She Passed". StyleCaster (en inglés). Consultado o 2023-02-19.
- ↑ Avery, Susan (10 de xullo de 2010). ParentDish.com, ed. "Raquel Welch, Reluctant Sex Symbol, Talks About Making Amends With Her Kids".
- ↑ Diane, Welch (19 de marzo de 2006). San Diego Union Tribune, ed. "The way we were - 'Fairest of the Fair' part of Del Mar's history".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raquel Welch |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Welch, Raquel (2010). Weinstein Books, ed. Raquel: Beyond the Cleavage. ISBN 978-1-60286-097-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Raquel Welch na IMDb (en inglés).