Rashid Behbudov

Rashid Behbudov, nado en Tiflis o 14 de decembro de 1915 e finado o 9 de xuño de 1989, foi un cantante a actor azerí da época soviética.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do cantante Majid Behbudov, entre 1938 e 1944, Rashid traballou na Philharmónica e na Ópera de Ereván. En 1945 por invitación de Tofig Guliyev, Rashid Behbudov mudouse a Bakú, e nese ano interpretou o papel principal no filme musical "Arşın mal alan" [1], versión cinematográfica da ópera de 1910 de Uzeyir Hajibeyov e que o fixo famoso en todo Azerbaidján, converténdose nun cantante popular na Unión Soviética, especialmente coñecido polas súas melódicas e rítmicas cancións de amor[2] realizando tamén galas en Irán, acompañado polo pianista Chingiz Sadikhov e o intérprete de tar Ahsan Dadashov, en Turquía realizou o seu primeiro concerto en 1961 acompañado polo violinista Azad Aliyev. Realizou tamén xiras por Suramérica e a India. Foi solista da Filharmonía de Azerbaidján (1946-1956), realizou papeis protagonistas en varias óperas na Ópera de Azerbaidján (1953-1960). En 1966 creou o Teatro da Canción de Azerbaidján.