Rata negra
Rata negra | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Rattus rattus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Hábitat da rata negra
|
A rata negra (Rattus rattus) é unha especie de roedor miomorfo da familia dos múridos (Muridae), orixinaria de Asia tropical que está presente en Europa desde o século VIII, e que desde aí dispersouse polo resto do mundo, adaptándose a case todos os hábitats, aínda que predomina nos ambientes cálidos.
Está incluída na lista das "100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo",[2] confeccionada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Características
[editar | editar a fonte]A lonxitude da cabeza e o tronco é de 16 a 22 cm, e a cola, sen pelos e cuberta de escamas en anel, mide de 17 a 24 cm. O seu peso é de entre 150 a 230 g.
O fociño é aguzado, rematando en punta. A capa é negra ou gris escura. Vive de 2 a 3 anos.
Historia natural
[editar | editar a fonte]Encóntrase nos asentamentos humanos e prefire vivir baixo teito. A diferenza da rata gris (Rattus norvegicus), é especialista en gabear.
As femias teñen 5 ou 6 camadas ao ano. O tempo de xestación é de 21 a 30 días, e paren cada vez de 5 a 8 crías, que ao naceren son cegas e non teñen pelo.
A rata negra ocasiona graves problemas económicos e sanitarios. Ademais de consumir ou danar os alimentos, asóciase a moitas enfermidades, como a peste bubónica, transmitida pola pulga Xenopsylla cheopis que a parasita.
Como mascota
[editar | editar a fonte]As ratas negras ás veces son mantidas como mascota. Porén, a maioría das ratas de compañía son exemplares domesticados de Rattus norvegicus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rattus rattus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2016.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2015. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Rattus rattus. 100 of the World's Worst Invasive Alien Species Arquivado 29 de abril de 2015 en Wayback Machine.. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (ISSG), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Naturaleza (IUCN), 12 pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, decembro de 2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rata negra |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rata negra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alderton, David (1996): Rodents of ther Word. ISBN 0-8160-3229-7.
- Bennet, Suart: The Black Rat (Rattus rattus) Rattus rattus
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rattus r. (como Epimys r.) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. Ano 1914. Facsímile electrónico.