Rata toupa
Rata toupa | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Arvicola scherman | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A rata toupa,[2] tamén coñecida como rata de auga setentrional[3] (Arvicola scherman) é unha especie de roedor da familia Cricetidae.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Antes considerábase pertencente á especie Arvicola terrestris, pero presentaba dúas formas ecolóxicas: a cavadora, que habita nos macizos montañosos do suroeste e centro de Europa, e a semiacuática, que ocupa o resto da súa área de distribución. Recentemente propúxose unha nova configuración taxonómica na que os representantes semiacuáticos serían unha subespecie de Arvicola amphibius, e os morfotipos cavadores, que ocupan certos macizos montañosos europeos, pertencerían a Arvicola scherman. Segundo esta clasificación, as poboacións ibéricas corresponderían a esta última especie.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha especie de gran variabilidade morfolóxica ao longo da súa área de distribución. Na Península Ibérica está representada por morfotipos de pequeno tamaño, con dimensións corporais sensiblemente menores que a rata de auga común (Arvicola sapidus), e co rabo máis curto. Especie sen dimorfismo sexual, a coloración do pelame de A. scherman é diferente incluso a escala intrapoboacional, variando desde o pardo escuro ou pardo amarelado ata o gris; os flancos desde o pardo amarelado ou ocre ata o gris claro; na zona ventral predominan os tons agrisados e o rabo é xeralmente bicolor.
Distribución
[editar | editar a fonte]Desde o norte da Península Ibérica ata Ucraína, faltando no oeste e extremo suroriental de Francia; o seu límite setentrional está localizado ao norte de Alemaña e o meridional nos Alpes e nos Balcáns. Na Península distribúese nunha banda setentrional que iría desde o Pireneo leridano (Val de Arán) ata a serra dos Ancares, Serra Segundeira (Zamora) e Montezinho (Portugal). Existe un illamento xeográfico entre as poboacións dos Pireneos, a cordilleira Cantábrica e o extremo nororiental de Guipúscoa.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Especie herbívora, ocupa principalmente prados naturais situados en niveis altitudinais variables, desde o nivel do mar ata prados alpinos próximos aos 2.000 metros de altura. En terreos cultivados e prados de forraxe esta especie pode chegar a constiuír unha praga agrícola.
Nalgunhas zonas da súa área de distribución, pode constituír un reservorio de tularemia e ser hóspede intermediario de varias especies de parasitos.
Depredación
[editar | editar a fonte]É presa habitual das aves rapaces, como o bufo pequeno, (Asio otus) e a curuxa (Tyto alba) e de carnívoros de tamaño medio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Arvicola scherman. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1. - IUCN Red List <www.iucnredlist.org> (LC). Consultado o 10 de septembro de 2009.
- ↑ González González, Manuel (ed.). "Rata toupa". Tergal. Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades. Consultado o 09/12/2024.
- ↑ Guía de mamíferos de Galicia, Juan Ignacio d'a Silva, Yosy Cartelle, 2007, Baía Edicións. Ficha de Arvicola terrestris, páxina 160.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arvicola scherman |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arvicola scherman |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Musser, G. G. e M. D. Carleton. 2005. Superfamily Muroidea. pp. 894–1531 in Mammal Species of the World a Taxonomic and Geographic Reference. D. E. Wilson e D. M. Reeder eds. Johns Hopkins University Press, Baltimore.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rastros de rata de auga setentrional (como Arvicola terrestris); no apartado de rastros de mamíferosdo sitio BarbastellaArquivado 15 de maio de 2014 en Wayback Machine.. (en castelán)
- Arvicola terrestris no Atlas de mamíferos terrestres do Ministerio para a Transición Ecolóxica.(en castelán)