Saltar ao contido

Rattle and Hum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rattle And Hum»)
Rattle and Hum
Álbum de U2
Publicado10 de outubro de 1998
Gravación1987–1988
Duración72:27
Xénero(s)rock
Selo(s)Island Records
ProdutorJimmy Iovine
Cronoloxía
The Joshua Tree Rattle and Hum Achtung Baby
Na rede
Spotify: 5DV76VYtjhsEh0v6KwgvY7 Last fm: U2/Rattle+and+Hum Discogs: 62619 Allmusic: mw0000375268 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rattle and Hum é un álbum híbrido de estudio e ao vivo da banda irlandesa de rock U2, publicado o 10 de outubro de 1988 a través do selo Island Records. O disco estivo acompañado dun documental dirixido por Phil Joanou, sendo lanzado o 27 de outubro dese mesmo ano coa distribución de Paramount Pictures. O álbum foi producido por Jimmy Iovine. Tras o éxito do anterior disco da banda, The Joshua Tree, o proxecto Rattle and Hum captura as súas continuas experiencias coa música de raíces estadounidense na xira Joshua Tree Tour, incorporando aínda máis elementos de blues rock, folk rock, e gospel ao seu son.

Aínda que Rattle and Hum tiña a intención de representar á banda rendendo homenaxe a músicos lendarios, algúns críticos acusaron a U2 de tentar situarse entre as filas deste tipo de artistas. A recepción crítica tanto para o álbum como para a película foi mixta; un editor de Rolling Stone falou da "emoción" do álbum; outro cualificouno de "equivocado e grandilocuente".[1] A película recadou só 8,6 millóns de dólares, pero o álbum foi un éxito comercial, alcanzando o número un en varios países e vendendo 14  millóns de copias. O sinxelo principal "Desire" converteuse na primeira canción número un da banda no Reino Unido, chegando ao número tres nos Estados Unidos.[2] Ante un estancamento creativo e unha reacción crítica contra Rattle e Hum, U2 reinventouse nos anos 90 a través dunha nova dirección musical e imaxe pública.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Bono, toda a música composta por U2, agás onde se indique.

N.º TítuloEscritor(es)Intérprete Duración
1. "Helter Skelter" (ao vivo en Denver, Colorado)Lennon–McCartney (letra e música)U2 3:07
2. "Van Diemen's Land"  The Edge (letra)U2 3:06
3. "Desire"   U2 2:58
4. "Hawkmoon 269"   U2 6:22
5. "All Along the Watchtower" (ao vivo no "Save the Yuppie Free Concert", San Francisco)Bob Dylan (letra e música)U2 4:24
6. "I Still Haven't Found What I'm Looking For" (ao vivo no Madison Square Garden, Nov York) U2 con The New Voices of Freedom 5:53
7. "Freedom for My People"  Sterling Magee (letra e música); Adam Gussow (música)Sterling Magee and Adam Gussow 0:38
8. "Silver and Gold" (ao vivo en Denver, Colorado) U2 5:50
9. "Pride (In the Name of Love)" (ao vivo en Denver, Colorado) U2 4:27
10. "Angel of Harlem"   U2 3:49
11. "Love Rescue Me"  Bono e Bob Dylan (letra)U2 con Bob Dylan 6:24
12. "When Love Comes to Town"   U2 con B.B. King 4:14
13. "Heartland"   U2 5:02
14. "God Part II"   U2 3:15
15. "The Star Spangled Banner" (ao vivo)John Stafford Smith (música)Jimi Hendrix 0:43
16. "Bullet the Blue Sky" (ao vivo no Sun Devil Stadium, Tempe, Arizona) U2 5:37
17. "All I Want Is You"   U2 6:30
72:27

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Gardner, Elysa (1992-01-09). "Achtung, Baby". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-10-20. 
  2. McGee (2008), p. 119