Real Club Náutico de Sanxenxo
Real Club Náutico de Sanxenxo | |
---|---|
Cidade | Sanxenxo |
Fundado | 1951 |
Presidente | Pedro Campos Calvo-Sotelo |
Sitio web Sitio web oficial |
O Real Club Náutico de Sanxenxo é un club náutico situado en Sanxenxo e fundado en 1951.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse o 8 de xuño de 1951 para promocionar todas as posibilidades turísticas e deportivas que ofrece a ría de Pontevedra. Entre os seus 197 socios fundadores atopábanse entre outros o actor Manolo Morán e o físico Julio Palacios.[1] Tras varias xestións e a mediación do ministro José Solís, conseguiuse a cesión de 343 metros cadrados de terreo no porto de Sanxenxo para a construción do edificio social. O 25 de xullo de 1961 inauguráronse as súas instalacións no porto pesqueiro.[1]
En 1968 organizou o Campionato Galego da clase Vaurien e as probas puntuables para o Campionato de España de Motonáutica, e durante as seguintes décadas continuou organizando campionatos galegos e españois en diferentes modalidades. Varios dos seus deportistas proclamáronse campións de España, e en 1976 o regatista do club Pedro Campos conquistou o Campionato do Mundo de Vaurien.[1] O propio Campos foi elixido novo presidente do club en 1999.[2]
No 2001 foi galardoado co Premio Nacional de Vela como mellor club náutico de España.[1] O 5 de novembro de 2005 organizou a regata costeira previa á saída da Volvo Ocean Race 2005-06.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Historia do Real Club Náutico de Sanxenxo" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2021.
- ↑ "El regatista Pedro Campos es el nuevo presidente del Club Náutico de Sanxenxo". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 21 de agosto de 1999. p. 46.