Rebordáns, Tui
Rebordáns | |
---|---|
![]() Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns. | |
Concello | Tui[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°04′00″N 8°40′15″O / 42.0666165, -8.6708309 |
Poboación | 1.198 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Bartolomeu de Rebordáns é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.152 habitantes (608 mulleres e 544 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.113 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.198 habitantes, sendo 574 homes e 624 mulleres.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da vía XIX do itinerario de Antonino. O templo actual é do século XII, pero conserva vestixios anteriores. En 1071 foi elixida como sé episcopal do bispado de Tui polo rei García, logo de ser saqueada Tui nos ataques normandos. Estivo ligada a un mosteiro beneditino até o 30 de novembro de 1225.
Ten planta basilical de tres naves con tres ábsidas, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.
A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.
O bispo Diego Xelmírez levou do templo as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago de Compostela, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga.[2]
Xunto á igrexa hai un cruceiro de 1770.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]-
San Bartolomeu de Rebordáns.
-
Cruceiro de San Bartolomeu de Rebordáns.
-
Estela Romana localizada en Rebordáns (Tui) e custodiada no museo de Pontevedra
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Rebordáns
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Rebordáns no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
O Arroio | Curuxeiras | A Devesa | O Foxo | Funchal | Laranxeiras | A Lavandeira | A Manteigada | O Montiño | O Outeiro | Paredes | Pexegueira | O Telleiro | Vilanova | O Virxe do Camiño |
Parroquias de Tui
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "La iglesia de San Bartolomé, joya del románico", artigo de Antonio Bouzón no Faro de Vigo, 25 de outubro de 2003 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rebordáns, Tui ![]() |