Rede de estradas de alta capacidade
Aparencia
Rede de estradas de alta capacidade ou Vías de altas prestacións (VAP) é unha denominación que engloba ás autoestradas, autovías e corredores ou vías para automóbiles (vías rápidas). A principal característica destas vías é que os accesos á mesma están limitados, non contan con cruces ó mesmo nivel durante o seu percorrido e as autovías e autoestradas contan ademais con calzadas separadas para cada sentido de circulación.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]- AP Autoestradas de peaxe pertencentes ó Ministerio de Fomento.
- A Autoestradas e autovías sen peaxe pertencentes ó Ministerio de Fomento.
- AG Autoestradas e autovías dependentes da Xunta de Galicia.
- CG, VG, Corredores e vías galegas. Se ten un "G" significa que a súa administración pertence á Xunta.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|