Saltar ao contido

Remuíño, Remuíño, A Arnoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Remuíño

Vista xeral da aldea
ParroquiaRemuíño
ConcelloA Arnoia
Coordenadas42°14′20″N 8°08′21″O / 42.2387915, -8.1392291
Poboación102 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Remuíño é un lugar da parroquia de Remuíño no concello ourensán da Arnoia na comarca do Ribeiro. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 102 habitantes (53 homes e 49 mulleres), os mesmos ca en 2010 (52 homes e 50 mulleres) e 15 menos ca en 2004.

Remuíño era hai anos unha das tres parroquias do concello da Arnoia coa Arnoia e Sande. Despois quedaron reducidas a dúas: A Arnoia e Remuíño. Durante a II República, Remuíño tivo un dos núcleos máis activos do socialismo.[3]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Santo Antón: do século XVIII con campanario do XIX, retablo neobarroco, gárdase nela unha suposta reliquia da cruz de cristo.
  • Casa do administrador da Inquisición, actualmente chamada Vila Petronila: casa con baixo e planta con escudo heráldico cos símbolos da Inquisición coroada por unha coroa de marqués.
  • Barrio bodegueiro de Pousadorio: un outeiro fronte a Remuíño no cal se atopan soamente bodegas e viñas, no seu alto subían na procesión das rogativas a botar a bendición ós campos, hoxe consérvase o penedo e no seu alto un oco cadrado onde se atopaba unha cruz,ao seu lado aínda se pode atopar unha roda de muíño tallada en situ.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Remuíño

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Remuíño no concello da Arnoia (Ourense)

Remuíño

Parroquias da Arnoia

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Arnoia

A Arnoia (San Salvador) | Remuíño (Santo Antón)

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - A Arnoia - A Arnoia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  3. Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión Julio Prada Rodríguez, Ediciós do Castro, 2004.